luns, 14 de outubro de 2024

SAÍDA A CASA DE PEPE E PILI (CASTAÑAS)

 Despois de moitos días de chuvia, POR FIN PUIDEMOS ir á Casa de Pepe e Pili!!! 

Que gabiñas tiñavamos!


Alí teñen varios castiñeiros e, con axuda de pauciños e dos noso pés, abriamos os ourizos para quitarlle as castañas que aínda estaban dentro. Pero con moito coidado de non mancar a ningún compañeiro sen querer cos paus...e moito coidado con tocar coas mans os ourixos que pinchan!


Apañamos moitas castañas. Enchemos unhas caixas delas que iamos levar ó colexio,


Despois leváronnos ó outro lado da finca onde están as colmeas e as abellas PERO desde lonxe o observábamos todo xa que non tiñamos traxe de apicultor para todos...nin do noso tamaño!


E chegou o momento de retomar forzar e hidratarnos. Así que sentamos a beber.


E Pili, coma sempre, que é un verdadeiro amor, preparounos a súa mesa de degustación de marmelos  feitos por ela e de mel das súas abellas...e algo máis que prepara coma galletas, bizcoitos,... se é que nos teñen mal acostumados!!!


Algúns probamos a mel e enchemos a barriga co rica que estaba!!!


O marmelo tamén tivo éxito aínda que non todos quixeron repetir!


Tedes estas e máis fotos no album de OUTUBRO 2024 ou pinchando neste enlace.









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...