xoves, 6 de xuño de 2024

O QUE NOS VA UN MICRO E CANTAR!!!

 O xoves a mestra de música, Nuria, deulles un micro…e miña nai canto lle gustou!!! Temos uns futuros cantantes á vista porque non os soltaban nin de broma!

Algúns tiñan vergoña e non querían pero os outros compensaban!! Jeje. Agardo que vos guste esta anécdota!



IMOS AVANZANDO NO DOMINIO LECTOESCRITOR

Hoxe repasamos a vogal "i" que tanto coñecemos. Xa sabemos facela de sobra, sen problema ningún pero, esta vez, complicámolo máis: tratamos de adiviñar palabras que comecen por esa letra.

Pensando, pensando...fomos descubrindo 3 pero, a profe non sabía escribila ben e tivemos que axudala mentres a escribía na pantalla dixital. Ela dicía a palabra pouco a pouco e nós adiviñábamos as letras que hai que por para escribir o nome e...CONSEGUÍMOLO!!!!!

Esta foi unha tarefa un pouco complicada porque as nosas cabezas estaban a tope!!! Pensando, concentrados, moi atentos ó que dicía a profe, discriminar sons...pero, formamos un bo equipo e fixémolo xenial. 

Despois, mostramos a nosa destreza na lectoescritura e copiamos as palabras escritas. Tiñamos que mirar a pantalla, observar a letra que tocaba, memorizala e plasmala no papel. Pensades que non o conseguimos??? Pois estades moi equivocados porque somos uns "cracks"!! jejeje













mércores, 5 de xuño de 2024

AS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE SON SÚPER DIVERTIDAS!

Os peques disfrutan moito das sesións de psicomotricidade, onde hai moito movemento, hai que poñer en posta as nosas destrezas e a atención, como cando teñen que ir conseguindo méritos e, por cada un, gañan unha pinza que deben colocar na súa tarxeta...cantas conseguen??




Ou tamén debemos conseguir códigos de cores coas boliñas. Conseguiremos repetir os patróns?





Mais os aros de cores son moi divertidos. Xogamos a movernos como os diferentes animais ou como nos diga o profe e, despois...hai que meterse no aro de cor que din en alto!! ATENTOS TODOS!!!



Estas e máis fotos están no album de xuño da nosa GALERÍA pero, a modo de resumo...este pequeniño vídeo! agardo que os guste!




venres, 31 de maio de 2024

EXPOSICIÓN ORAL DE ÓLIVER: "CLEOPATRA"

 Hoxe viñeron a nai de Óliver e Carlos, o seu curmán, facer a última exposición sobre CLEOPATRA.

Carlos é un estudante de audiovisuais que fixo unha presentación incrible na que descubrimos a esta raíña de Exipto tan coñecida.



Ó rematar amosounos Óliver a súa careta de Cleopatra e...


...e, o mellor de todo, é que tamén podiamos facer as nosas caretas e colocarlle pedras preciosa!!!


Así que puxémonos máns á obra a darlle cor as nosas caretas.









E mirade que preciosas quedaron!!! E brillan un montón coas pedriñas!!!


Foi unha exposición extraordinaria!!!


E, antes de marchar, un gran abrazo a Carlos por vir ó cole e participar do proxecto de Óliver!



xoves, 30 de maio de 2024

EXPOSICIÓN ORAL DE BREOGÁN E A SÚA NAI: "O GATO SAGRADO"

Hoxe veu a nai de Breogán para falarnos sobre os GATOS na cultura exipcia...E MENUDO ABRAZO LLE DERON!!!


Era considerado un símbolo de protección e había moitos tipos de gatos pero, o máis peculiar era o GATO SAGRADO que non tiña pelo...ajjj!!! que raro é!!!!


Chegaban a momificalos tamén.


Cantas cousas aprendimos da importancia deste animal na cultura do antigo Exipto!


E, para finalizar, tróuxonos 2 debuxos destes animais ou mascotas que tanto nos gustan para colorear! Pasámolo xenial! GRACIASSSSSSS


DÁLLE, DÁLLE, PANDEIRETAS!!!

 Dalle ao corpo alegría, Macarena.

Tribu de cores con pandeiretas e ferreñas na clase de música de 3 anos.






martes, 28 de maio de 2024

EXPOSICIÓN DE LUCAS E. E A SÚA NAI: "TUTANKAMON"

 Lucas explicounos a brvee historia de Tutankamon, que foi coroado faraón con so 9 anos e morreu con tan so 19 sen saber as circunstancias.


Tamén nos comentou sobre todos os seus tesouros. Moitísimas cousas de un valor incalculable.


E tróuxonos un dos tesouros que atopou e que o traía dentro dunha bolsiña dourada....


QUE SERÁ????? Había un para cada un!!


ERAN MOEDAS EXIPCIAS DE OURO!!!! WOW!!!!


Mais unha das cousas máis famosas e máis coñecida é a máscara de Tutankamon e que, xunto coa súa nai, fixeron unha reproducción da mesma e que nola probamos case todos!!! (porque houbo varios que...lle daba respeto,jejej)


Para finalizar, tróuxonos un laberinto para conseguir chegar ó faraón!!



INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...