venres, 19 de abril de 2024

EXPOSICIÓN PROXECTO "RÍO NILO" ( Asier e a nai)

 Hoxe estreouse nas exposicións orais sobre o proxecto Asier e mais a súa nai. Ó principio estaba un pouco nervioso pero, despois, xa nos explicou o que prepararan para contarnos.


Foi algo moi, moi sinxelo, pero moi significativo porque lles quedou o tema moi clariño e mais se era explicado por un compañeiro!!! Gracias ás imaxes que acompañaban a presentación foille máis sinxelo explicar o que descubrira sobre o tema que lle tocou.

QUEREDES VER A SÚA PRESENTACIÓN? 
É XENIAL E MOI CLARIÑA PARA ELES!
PINCHADE NA IMAXE DE ABAIXO (elaborada con CANVA)



Ó rematar, démoslle un aplauso ENORRRRME!!!!



Pero traéronnos unha sorpresa e foi una pequena maqueta do que sería o Río Nilo co seu cauce, a area do deserto, animais como vaca e crocodilo,...


SABEDES QUE O RÍO ERA DE VERDADE CON AUGA DO RÍO NILO??? FLIPADE!!!
Pinchade na imaxe de abaixo e mirade que guai a reprodución!!!


Gustounos moitísimo a exposición que captou a nosa atención e o noso interese, sobre todo, pola auga!!!! jejeje. Así que lle demos unha gran aperta a Andrea, a nai de Asier!!! 


Acceso á GALERÍA DE IMAXES do album "EXPOSICIÓNS 2024", pinchade eiquí.


Así que agardamos as próximas exposicións xa apuntadas e que vos animedes os demáis a facer as vosas!!! As seguintes datas pèchadas son 3 en maio:

XOVES 9 - VEGA "La llave de la Vida"

VENRES 10 - LARA "Camellos"

XOVES 16 - LUC "Sarcófagos"



mércores, 17 de abril de 2024

RECREAMOS A PORTADA DO CONTO "A PEQUENA ORUGA GLOTONA" DE ERIC CARLE

 Chegou a primavera, as flores e os gusaniños aparecen. Na aula estamos coidando dos gusanos de seda e tamén coñecimos un conto "LA ORUGA GLOTONA":



E que tal se facemos as nosas propias portadas do conto? Imos mans á obra: coloreamos as cariñas, as partes do corpo, recortamos, pegamos e...












...e COPIAMOS O TÍTULO que traballamos previamente na pantalla dixital. Mirade que marabillas fixeron!!! que grandes son xa!!!











Tan bonitos quedaron que os colocamos na cortiza do corredor para que todos vexan os artistas que somos!!!






luns, 15 de abril de 2024

PUZZLES E MÚSICA AMBENTAL

 Os luns facemos desdobre, un grupo en arte e o outro vai ó ximnasio e, nesta ocasión, retomamos o tema puzzle (combinado con outra actividade)

A verdade é que gústanos moitísimo facer puzzles e, despois doutras tarefas previas, retomamos esta actividade de concentración, atención, de asociación e de paciencia.

Pero sempre é mellor facelos acompañados de música ambental e todo é marabilloso cando unha compañeira faino posible porque avecíñase una gran artista:

venres, 12 de abril de 2024

SESIÓN CONTACONTOS: LUCAS, XABI E AINARA (4ºEP)

 Hoxe Lucas, Xabi e Ainara, de 4º EP, viñeron facer a sesión de contacontos no Plan Lector na nosa clase.


Un conto moi cochinote pero moi divertido "TODO LO QUE SÉ DE LA CACA"





Moi atentos e con moitas risas.


E, cando remataron,  dixeron que nos portaramos moi ben e, por iso, agasalláronnos cunhas pegatinas moi graciosas!!!







Ó CUMPLE DE SOFÍA

HOXE É O ANIVERSARIO DA PROFE SOFÍA!!!! E tróuxonos un brownie que tiñamos gañas de devorar pero antes... tiñamos que cantarlle a canción!!!


Despois sentámosnos nas mesas porque nos repartíu un anaco a cada un (excepto a 3) que, ou ben non podía comelo ou non querían.








Preguntádesvos se estaba rico o brownie? a mellor resposta está nestas fotos de abaixo, jeje.






Estaba moi,moi rico e había moito, moito guarreo! jeje.




E a foto que RESUME o rico que estaba é esta por excelencia:





INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...