luns, 13 de novembro de 2023

DESDOBLES NA AULA DE USOS MÚLTIPLES

Durante as clases de arte, facemos desdoble e, mentres uns traballan na aula con pinturas, o outro grupo vai á aula de usos múltiples a traballar outras cousas. Reforzamos destrezas lóxico-matemáticas como:


MEMORY

Onde reforzamos a atención, a concentración, a respetar o turno, a aceptar as frustracións e alegrarse polo éxito dos compañeiros, á vez que fortalecemos a memoria visual e a coordinación oóculo-manual.






PUZZLES

Aprendemos a clasificar as pezas dos distintos puzles dentro dunha caixa, a manter todo ordenado, a concentrarse e a establecer relacións. Deben prestar atención a cada peza para saber onde poñela. Asemade, o traballo cooperativo fai que establezan entre eles, respeten os turnos e colaboren.
















venres, 10 de novembro de 2023

O CERO PATATEIRO

 Estamos coñecendo os números pero o máis simpático é o CERO que é moi simpático porque lle chamamos o CERO PATATEIRO.

Como levamos tempo falando do número, decidimos pintalo con puntiños cos nosos notuladores.









E despois de enchelo de puntiños de cores, temos os nosos CEROS simpáticos e con moita ledicia!!!



Para reforzar o número e a cantidade que representa (nada), vemos un pequeno vídeo explicativo do CONDE DRÁCULA e un contiño:







martes, 7 de novembro de 2023

A VOGAL A

Moitos xa están ilusionados por escribir o seu nome e polas letras que o compón. Aínda que traballamos todas as letras do abecedario á vez, ímonos centrar nas vogais e hoxe fixemos unha parada pola A cun pequeno vídeo e déixovos outro que tamén usaremos:






Despois tratamos de apreder a facer a súa grafía na pantalla dixital. É moi divertido porque poden elexir libremente a cor que queren.
Así que fixemos "paliño cara abaixo, outro pegadiño pola cabeciña cara abaixo e cinturón"


E sabemos que, para facela, precisamos de 3 paliños pero, se utilizásemos plastiliña, precisaríamos facer 3 gusaniños como estos:


Que tal se tratades de facer a vosa VOGAL A de plasti?








E finalizamos enchendo as pompas que había la letra A con pompas de gomets verdes, reforzando a psicomotricidade fina e a concentración.



luns, 6 de novembro de 2023

AVANZAMOS MOI BEN NO TRABALLO INDIVIDUAL.

   Fixemos un pouco de todo. Reforzamos as cousas redondas, os círculos, a cor amarela...e por iso traballamos sobre o SOL que é grande, redondo e amarelo. 


COLOREAMOS O CÍRCULO...


...PICAMOS OS RAIOS COS PUNZÓNS...



 
...E, ANTES DE GARDAR, ESCRIBIMOS O NOSO NOME. Pouco a pouco vanse familiarizando coa grafía e os xiros pero non o están facendo nada mal. Sen agobios, de xeito natural todo vai fluindo...a que si?


















INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...