martes, 7 de novembro de 2023

A VOGAL A

Moitos xa están ilusionados por escribir o seu nome e polas letras que o compón. Aínda que traballamos todas as letras do abecedario á vez, ímonos centrar nas vogais e hoxe fixemos unha parada pola A cun pequeno vídeo e déixovos outro que tamén usaremos:






Despois tratamos de apreder a facer a súa grafía na pantalla dixital. É moi divertido porque poden elexir libremente a cor que queren.
Así que fixemos "paliño cara abaixo, outro pegadiño pola cabeciña cara abaixo e cinturón"


E sabemos que, para facela, precisamos de 3 paliños pero, se utilizásemos plastiliña, precisaríamos facer 3 gusaniños como estos:


Que tal se tratades de facer a vosa VOGAL A de plasti?








E finalizamos enchendo as pompas que había la letra A con pompas de gomets verdes, reforzando a psicomotricidade fina e a concentración.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...