Hoxe comezamos as 2 semanas de MERENDAS SAUDABLES no cole. Tocou mandarinas, uvas, pera e mazá. E un pouquichiño de pan cun pouquiño de embutidos que trouxemos da casa.
martes, 27 de xaneiro de 2026
COMEZAMOS AS DÚAS SEMANAS DE MERENDAS SAUDABLES
luns, 26 de xaneiro de 2026
venres, 23 de xaneiro de 2026
UN INVERNO CHEO DE FOLERPAS
A auga dos nosos mares e océanos realiza un círculo: evaporación, condensación, precipitación,... Hai sitio onde fai tan to frío que, en vez de chover, neva.
Polo que estivemos falando da estación do inverno, que fai frío, a vestimenta que temos que usar...e as cores que asociamos co inverno.
Elaboramos un fondo coas cores protagonistas desta estación: axuis, morados, rosas, brancos,...
mércores, 14 de xaneiro de 2026
ARTE NOS FONDOS MARIÑOS
Hoxe nos sumerximos no fondo do mar xunto as algas, as rochas, a area, os paixes e TODA A AUGA DO MAR.
Tocou algo que "non lles gusta nadiña", jejeje:
PINTAR CON ACUARELAS!
Con música de fondo, moita paciencia e concentración, puxémonos en marcha pintando os nosos fondos mariños.
INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO
Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...
-
Hoxe por fin saímos ver á Filarmónica de Galicia. MÚSICA! MÚSICA! Canto nos gusta a música! Estabamos emocionados por ir tamén en autobús. ...
-
Un dos contos por excelencia do Samaín é o de "Corre, corre, cabaciña" da Ed. Oqo. Despois de lerlles o conto e de dramatizalo coa...
-
Hoxe luns, comezamos o curso escolar e nos estamos no periodo de adaptación. Mestura de nervios e ilusión. Moitas gañas de comezar!!! Os peq...




















































