mércores, 14 de xaneiro de 2026

ARTE NOS FONDOS MARIÑOS

 Hoxe nos sumerximos no fondo do mar xunto as algas, as rochas, a area, os paixes e TODA  A AUGA DO MAR.

Tocou algo que "non lles gusta nadiña", jejeje: 

PINTAR CON ACUARELAS! 

Con música de fondo,  moita paciencia e concentración, puxémonos en marcha pintando os nosos fondos mariños.












Tamén pintamos os peixes de cores que puxemos a secar preto los radiadores. 
Despois do recreo estaban secos e recortámolos!




Logo pegamos os nosos peixiños nos fondos mariños e
mirade que bonitiños quedaron os nosos traballos! Glu, glu!














martes, 13 de xaneiro de 2026

COMEZAMOS PROYECTO DE INTELIXENCIA EMOCIONAL E BENESTAR DO ALUMNADO

 Imos comezar cun proxecto de intelixencia emocional e benestar do alumnado que levaremos a cabo ata principios do mes de marzo. Para iso, levaremos a cabo sesións de contos, de asamblea, de postas en común, sesións audiovisual analizando curtametraxes e actividades educativas lúdicas (en grupo, en parellas ou individuais).

En referencia a esto último, queremos realizar unha actividade, un xogo de concienciación e, para iso, precisamos que os peques traian unha cousa. Por esa razón, escribiron unha nota para levar a casa cunha mensaxe:

"Preciso traer 1 botellas de plástico pequena e baleira"

Traballamos a lectoescritura, a psicomotricidade fina, a orientación espacial e a coordinación óculo-manual. Déixovos eiquí as súas notas aínda que xa as vedes mellor na casa en papel.




















xoves, 8 de xaneiro de 2026

COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE CHEOS DE ILUSIÓNS E...AGASALLOS.

 POR FIN VOLTAMOS A VERNOS!! Tiñamos moitas cousas que contar pero, sobre todo, ver se nos deixaran agasallos os Reis Magos e Papá Noel na aula.


Había un paquete grandeciño e un peluche que era do noso gordinflón preferido e 3 agasallos dos nosos reiciños. 


Pasamos moito tempo adiviñando que podería ser, manipulando os paquetes comprobando o tamaño, o peso, a forma...para despois de moito rato, comezamos a abrir todo o que nos agasallaran!!! Había moreas de cousas coas que xogar porque nos encheron de cousas para crear MINIMUNDOS con diversos materiais e obxetos e así fomentar a nosa imaxinación!!!


Despois do recreo estivemos falando dos nosos agasallos, os que máis nos gustaran e logo debuxamos todo do que falamos. Estabamos tan nerviosos que, algúns, non lembraban nada!

Agora queda adaptarnos de novo ós horarios e de seguir divertíndonos mentres aprendemos.

xoves, 18 de decembro de 2025

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura e agarimo.



luns, 15 de decembro de 2025

OBRADOIRO DE GALLETAS DE GALLETAS DE NADAL (CICLO DE INFANTIL)

 O pasado luns, 15 de decembro, o ciclo de infantil levou a cabo un obradoiro de Nadal onde  puxemos mans na fariña"!!!...e nos ovos, no aceite, no azucre..

En 3 grupos mesturados os nenos e nenas de 3,4,5 anos pasaron polas diversas aulas nas que, en cada unha, había un reto que facer:


AULA 1: Elaboración da receita.



AULA 2: Realizar a masa




AULA 3: Creación e decoración da caixa para gardalas e levalas a casa (ou comelas antes)


A verdade e que disfrutamos moitísimo desta xornada escolar tan divertida xunto con todos os compañeiros de ciclo.

Para ver todas as FOTOS deste día, podedes pinchar neste enlace.

INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...