xoves, 8 de xaneiro de 2026

COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE CHEOS DE ILUSIÓNS E...AGASALLOS.

 POR FIN VOLTAMOS A VERNOS!! Tiñamos moitas cousas que contar pero, sobre todo, ver se nos deixaran agasallos os Reis Magos e Papá Noel na aula.


Había un paquete grandeciño e un peluche que era do noso gordinflón preferido e 3 agasallos dos nosos reiciños. 


Pasamos moito tempo adiviñando que podería ser, manipulando os paquetes comprobando o tamaño, o peso, a forma...para despois de moito rato, comezamos a abrir todo o que nos agasallaran!!! Había moreas de cousas coas que xogar porque nos encheron de cousas para crear MINIMUNDOS con diversos materiais e obxetos e así fomentar a nosa imaxinación!!!


Despois do recreo estivemos falando dos nosos agasallos, os que máis nos gustaran e logo debuxamos todo do que falamos. Estabamos tan nerviosos que, algúns, non lembraban nada!

Agora queda adaptarnos de novo ós horarios e de seguir divertíndonos mentres aprendemos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE CHEOS DE ILUSIÓNS E...AGASALLOS.

 POR FIN VOLTAMOS A VERNOS!! Tiñamos moitas cousas que contar pero, sobre todo, ver se nos deixaran agasallos os Reis Magos e Papá Noel na a...