mércores, 11 de xuño de 2025

FIXEMOS PLASTILINA E DISFRUTAMOS "GUARREANDO"

Chegamos a clase e apareceron un montón de cousas na alfombra: pratos, fariña, sal coloreante, cola... para que sería?


POIS PARA FACER PLASTILINA!!!! HOXE TOCA "GUARREAR"!!


Esta plastilina precisa estar ben gardada porque corre o risco de secarse porque é caseira, e non ten produtos que a manteñan húmidas. Por iso, imos precisar unhas bolsas plásticas con peche ZIP e , para non confundilas, puxémoslle o noso nome.


Despois comezamos a mesturar os ingredientes: fariña con sal...ESTO COMEZA A MOLAR MOITO!!!


E xa despois o colorante!!! Algúns quixeron 1 soa cor e outros mesturar varias!








Cando rematamos, xa tiñamos unha masa lista para xogar con ela e facer gusanos, bolas, ...




As nosas mans estaban horrorosas pero estabamos disfrutando moito con TOOOODOOO!!! 









Mais, cando tocou rematar, puxemos un pouco de orde: gardamos a masa nas bolsas, pechámola ben, limpamos a mesa, o chan e...AS NOSAS MANS CON MOITO XABÓN!!!

Eiquí un pequeniño vídeo resumo do "mal" que o pasaron.




mércores, 4 de xuño de 2025

REFORZAMOS DESTREZAS COAS TABLETS

Hoxe disfrutamos de actividades de reforzo coas tablets. Un poquichiño de memoria co memory que tanto xogabamos o curso pasado. Moitas risas coas nosas parellas.de xogo.










E tamén cun pouco de lectoescritura dixital, axudándonos en parellas para escribir as palabras que queriamos poñer. Como facemos na asamble cando somos escargados!!





Estabamos moi ilusionados por poder traballar doutra maneira moi divertida e que tantos nos gusta!!! Un pequeniño vídeo resumo? PInchade abaixo.



INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...