Cada mes, unha frase de cine que nos gustara a cada curso. Os de 4 anos gustounos moitísimo esta que dixo Jack Sparrow en PIRATAS DO CARIBE así que preparamos 2 murais: un para poñer no expositor de Rufiño e outro máis grande para a nosa aula na que nos convertimos en PIRATAS desas embarcacións.
Como fixemos? Pois moi sinxelo: utilizamos as tablets do cole, sacámosnos fotos como bos e boas fotógrafas e a profe xunto a iA fixo todo o demáis!!!
Chegou o DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!! Un día cargado de palabras bonitas e de moitas cancións e pandeiretas.
O EDNL propuxo a recopilación de cantareiras e cancións de Galicia, familiares, coñecidos ou non. E todos participamos con marabillosos traballos.
E colocámolos no mural que elaboramos xunto cos compañeiros do cole.
O mércores viñeronnos visitar as Cantareiras de Ronsel, 6 mulleres e 1 home, que nos amosaron os traxes que soían levar, a vestimenta que deseñaron, así como as cancións coas que disfrutamos moitísimos xa que, algunhas as coñecíamos. Mirade o vídeo resume da xornada.
Tamén elaboramos uns imáns para a neveira coa temática da pandeireta. Preciosas, non si?
Pero tanto nos gustaron as pandeiretas, que practicamos na clase unha canción para o venres que estaban a traballar nas clases de música. Como acompañamento, tivemos a Nerea, unha gran pandereteira.
Como xa sabemos escribir, traballamos as letras que compón o nome PANDEIRETA de maneira conxunta na pantalla dixital e, despois, recortamos tarxetas con letras, as ordeamos e compuxemos o nome debaixo do debuxo. Cada un decorou a pandeireta da maneira más colorida porque as cancións aportan ledicia e moita diversión, como divertidas son as cores.
E chegou o venres, o día no que todos os compis do cole, celebrabamos esta data tan especial. Baixamos ó patio despois do recreo e comenzamos as actuacións.
O segundo turno foi para nós.
Estabamos un pouquiño con vergoña pero a canción a sabiamos de memoria.
Os nervos pasaron e disfrutamos de todos os compañeiros de outros cursos!!!
Cando remataron, comenzou o mellor de todo...
...A MÚSICA GALEGA E A BAILAR LIBREMENTE!!!
Para ver máis cousas deste día, podedes visitar o BLOG DO COLE "Orgullo de Campañó"
Entre varias das cousas que estamos traballando arredor do Día das Letras Galegas, os de 4 anos, imos cantar esta cancionciña. Aínda que non sexa toda, trataremos de memorizala e, por se queredes reforzala desde a casa, eiquí vola deixamos para que adisfruten do pequeno vídeo á vez que a memorizan.
Despois de facer tarefas, decidimos adicarlle un anaquiño a ir decorando a nosa cortiza. Como temos unha parte de cor verde...imos aproveitala para crear un xardín con flores. Así...A FACER FLORES!!!
Para iso precisamos a tesoira, pegamento e moita precisión para recortar as partes curvas e circulares.
...e pouco a pouco, este xardín estase construíndo...
Xa sabedes que chegou a primavera e tamén os gusaniños de seda que estivemos coidando na clase desde que eran uns oviños pequerrechiños. Primeiro eran uns gusaniños e, tanto lle demos de comer, que medraron moitísimo!
Son tan comilóns, que devoran as follas da morera. Por soamente comen follas desa árbore que, xustamente, temos no colexio pola zona das escaleiras da parte de atrás. Así que fomos buscar máis!!!
Levámolas a caixa chea de folliñas para esta fin de semana e que non pasen fame. Ademáis, algúns xa están preparados para dar un paso máis e xa formaron o capulliño para estar un tempiño tranquilos e así convertirse en bolboretas!
Como xa son moitos, algunhas familias ADOPTARON a 3-4 e esta fin de semana mudan para as súas casiñas.
Lembrades o concurso promovido polo Colexio de Xoieiros de Galicia "DESEÑA A TÚA XOIA" no que participamos? Fixeramos un artigo no que puxemos as fotos dos nosos deseñadores e as súas obras (podedes velo pinchando NESTE ENLACE)
Pois recibimos a gran noticia de que 2 nenos da nosa aula son FINALISTAS na categoría de 5º Educación Infantil - 4 anos!!!!!
Mañá teñen un acto en Santiago de Compostela no que acudirán xunto as súas familias e alí saberán que será o GAÑADOR ou GAÑADORA de 4 anos de Galicia...