xoves, 24 de outubro de 2024

APADRINAMENTOS LECTORES NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e, como cada ano, conmemorámolo cos APADRINAMENTOS LECTORES. Alumnado de 3º EP viñeron buscar a nenos para contarlles un conto.

Por grupiños, sentáronse no corredor das nosas aulas e disfrutamos de sesións lectoras gracias a estes compañeiros maiores qcos que tanto disfrutamos.








É unha experiencia que nos encanta!!!! Moitos contos, moitas historias cuns contacontos excepcionais!


martes, 22 de outubro de 2024

CHARLA DA PROTECTORA DE OS PALLEIROS

 Hoxe recibimos a dúas voluntarias da Protectora Os Palleiros que viñeron con dous cans para explicarnos a todo o cole como actuar no caso de atoparnos cun can abandoado e de concienciarnos da importancia de coidar das nosas mascotas e de comprometernos a iso.


Tamén nos comentaros a importante labor dos voluntarios con paseos,...e as doazóns de comidas, arneses, geles para lavalos,...



Antes de marchar, pasamos a acariciar ós canciños que eran unha moi mimosa e, o outro can, un pouco tímido.














luns, 14 de outubro de 2024

SAÍDA A CASA DE PEPE E PILI (CASTAÑAS)

 Despois de moitos días de chuvia, POR FIN PUIDEMOS ir á Casa de Pepe e Pili!!! 

Que gabiñas tiñavamos!


Alí teñen varios castiñeiros e, con axuda de pauciños e dos noso pés, abriamos os ourizos para quitarlle as castañas que aínda estaban dentro. Pero con moito coidado de non mancar a ningún compañeiro sen querer cos paus...e moito coidado con tocar coas mans os ourixos que pinchan!


Apañamos moitas castañas. Enchemos unhas caixas delas que iamos levar ó colexio,


Despois leváronnos ó outro lado da finca onde están as colmeas e as abellas PERO desde lonxe o observábamos todo xa que non tiñamos traxe de apicultor para todos...nin do noso tamaño!


E chegou o momento de retomar forzar e hidratarnos. Así que sentamos a beber.


E Pili, coma sempre, que é un verdadeiro amor, preparounos a súa mesa de degustación de marmelos  feitos por ela e de mel das súas abellas...e algo máis que prepara coma galletas, bizcoitos,... se é que nos teñen mal acostumados!!!


Algúns probamos a mel e enchemos a barriga co rica que estaba!!!


O marmelo tamén tivo éxito aínda que non todos quixeron repetir!


Tedes estas e máis fotos no album de OUTUBRO 2024 ou pinchando neste enlace.









venres, 11 de outubro de 2024

RUFITECA: CONTACONTOS DE CICLO "MONCHO E A MANCHA"

Este venres, na Rufiteca, os de 4 e 5 anos disfrutamos dunha sesión de contacontos coa profe María Otero.

E, na súa bolsa verde, tiña ni mais nin menos que un SÚPER CONTO QUE NOS MOLA MOITO!!!


Moitos nos rimos con esta historia porque, a profe María contouno xenial!!! Tan ben que a nosa profe ríase moito e estaba case ou máis atenta que nós, jajaja.

Ó rematar, agasallounos cunha folla cunha mancha para que nós debuxemos o que nos suxire esa mancha pero...REMATAMOS FACENDO TODOS UNHA VACA GORDOTA!!!

Mirade que artistas!!!



















INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...