luns, 6 de maio de 2024

LEITUGAS PARA AS NOSAS ENSALADAS

 Coa chegada da primavera sementamos o noso horto na aula e plantamos leitugas. Un pouquiño de tempo, de auga e de sol fixo falta para que medraran un pouquiño.


Agora chegou o momento de que as leven a casa para seguir medrando. Os que teñan horta poden trasplantala e, os que non, seguir coidándoa para que sexa o suficientemente grandes para facer unha ensalada. Moito me deixaron claro que non lles gustaba pero que non lles importa que sexa comida polos adultos, jeje.

Mirade que contentiños van cos seus "bebés leitugas"!!!














venres, 3 de maio de 2024

SESIÓN DE CINE "FROZEN"

Miña nai! O que lles gusta a estes rapaces e rapazas o universo "Frozen"!!! Todos os días cantando as cancións da película, xogando no recreo sendo Ana, Frozen Olaf... así que, como o tempo está fresquete e fai un pouquichiño de frio, aproveitamos para facer unha sesión de cine na aula onde proxectarase a peli de "FROZEN"!!!

Flocos de millo, lambonadas, zume e auga para unha gran merendola.



Podían sentarse na mesa a picotear algo sempre que lles apetecera pero en silencio porque non se pode molestar cando estamos vendo unha peli.








Tamén houbo quen trouxo unha pequena almofada para tumbarse cómodamente no chan despois da merendola.














Hoxe foi un día fantástico onde todos estivemos moi, MOI, caladiños e súper atentos. Unha peli que verdadeiramente lles encanta pero de seguro que repetiremos sesión de cine!!! Así que non gardedes moito as almofadas,jeje.



EXPOSICIÓN ORAL DE HUGO: "A ESFINGE DE GUIZA"

 Hoxe veu Eva, a nai de Hugo, para levar a cabo a exposición sobre a "Esfinge de Guiza"


Elaboraron 5 paneis explicativos de cores.


E Hugo foi explicándonos paso a paso toda a información que tiña para amosarnos, coa axuda e a guía da nai que lle ía dirixindo os pasos.



Tiña moi claro todo o que nos tiña que dicir.


Despois comentounos  que, nun principio, a Esfinge tiña nariz pero que, co tempo, desapareceulle e que cre que podería ser a que el tiña...ou non...quen sabe? 
                                                                                                                                                                                                                                                            

                                                                     Vos que credes?                                                                 


Para finalizar, tiñan preparados uns debuxos para que, cada un, decoremos con cores. 
Menudo detallazo!!!

As láminas quedarán un tempo na aula para que continuemos botándolle un ollo porque son xeniais!

MOITAS GRACIAS, EVA E HUGO!!! Unha exposición marabillosa!

xoves, 2 de maio de 2024

EXPOSICIÓN ORAL DE ADAY : "OS DEUSES EXIPCIOS"

Hoxe tocoulle o turno a Aday que nos fixo unha exposición sobre os Deuses exipcios.


Coñecimos a moitos como Ra, Osiris, Isis e Horus.


A verdade e que aprendimos moito sobre estes deuses que moitos tiñan o corpo de humáns e cabeza de animal. Estranos, non?

BO TRABALLO, ADAY! FLIPOUNOS!!!

mércores, 1 de maio de 2024

EXPOSICIÓNS ORAIS.- DATAS A ESCOLLER


Na columna esquerda do noso blog, atoparedes entre outras cousas, unha imaxe coma a de abaixo.


Se pinchades nela, abrirase un documento coas DATAS para as exposicións orais sobre Exipto. Irase actualizando a medida que me vaiades confirmando. Os martes e xoves soamente hai 1 sesión a elexir e, os venres, hai 2 sesións para escoller.

Aparecen de VERMELLO as datas que xa están ocupadas e, en ALARANXADO, as datas nas que queda unha hora sesión libre.



 

INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...