Hoxe veu Eva, a nai de Hugo, para levar a cabo a exposición sobre a "Esfinge de Guiza"
Elaboraron 5 paneis explicativos de cores.
E Hugo foi explicándonos paso a paso toda a información que tiña para amosarnos, coa axuda e a guía da nai que lle ía dirixindo os pasos.
Tiña moi claro todo o que nos tiña que dicir.
Despois comentounos que, nun principio, a Esfinge tiña nariz pero que, co tempo, desapareceulle e que cre que podería ser a que el tiña...ou non...quen sabe?
Para finalizar, tiñan preparados uns debuxos para que, cada un, decoremos con cores.
Menudo detallazo!!!
As láminas quedarán un tempo na aula para que continuemos botándolle un ollo porque son xeniais!
MOITAS GRACIAS, EVA E HUGO!!! Unha exposición marabillosa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.