xoves, 25 de abril de 2024

FLORES DE PAPEL RECICLADO

Despois dunhas sesións elaborando por turnos as nosas flores de papel, levámolas para decorar na casa!!!




Reciclamos cartuliña amarela, paus de brocheta e anacos de folios de cores para encher de pétalos as nosas flores !!!!









QUEDARON PRECIOSAS, non si?




martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 2024

Chegou o día máis desexado porque é O DÍA DO LIBRO!!!! Canto nos gustan os contos!! Moitísimo e, por iso, trouxemos o noso conto preferido a clase.









Despois, un por un, fomos contándolles ós nosos compañeiros como se titulaba, de que trataba e a razón de que nos gustaba tanto aínda que, a resposta a esta última pregunta era en todos os casos...

...PORQUE SI! jajaja


Despois, o que fixemos, foi reproducir a portada dos nosos libros así que puxéronse mans á obra. Lápices, cores e un anaco de papel...


... xunto con moita atención e concentración.


E así quedaron de preciosos os seus carteis para este día que temos exposto na nosa cortiza de aula.

















Para rematar a xornada, tres nenos de 3º EP viñeron facer unha sesión de contacontos na nosa aula despois do recreo, durante o Plan Lector.



Que ben contaron o conto!! E trouxéronnos un agasallo...


...UN DEBUXO DO CONTO PARA COLOREAR!!! Que guay!!



UN DÍA MARABILLOSO!!!


INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...