venres, 12 de abril de 2024

SESIÓN CONTACONTOS: LUCAS, XABI E AINARA (4ºEP)

 Hoxe Lucas, Xabi e Ainara, de 4º EP, viñeron facer a sesión de contacontos no Plan Lector na nosa clase.


Un conto moi cochinote pero moi divertido "TODO LO QUE SÉ DE LA CACA"





Moi atentos e con moitas risas.


E, cando remataron,  dixeron que nos portaramos moi ben e, por iso, agasalláronnos cunhas pegatinas moi graciosas!!!







Ó CUMPLE DE SOFÍA

HOXE É O ANIVERSARIO DA PROFE SOFÍA!!!! E tróuxonos un brownie que tiñamos gañas de devorar pero antes... tiñamos que cantarlle a canción!!!


Despois sentámosnos nas mesas porque nos repartíu un anaco a cada un (excepto a 3) que, ou ben non podía comelo ou non querían.








Preguntádesvos se estaba rico o brownie? a mellor resposta está nestas fotos de abaixo, jeje.






Estaba moi,moi rico e había moito, moito guarreo! jeje.




E a foto que RESUME o rico que estaba é esta por excelencia:





xoves, 11 de abril de 2024

PLANTAMOS LEITUGAS

 Hoxe chegamos o cole, puxemos o mandilón e, o entrar a aula, atopamos que había moitas cousas.


Hai que dicir que "pasaron literalmente da mestra". Cada un e cada unha comezaron a toquetear todo tratando de ver o que era. Descubriron que había macetas de plástico coa súa foto e decidiron ir repartíndoas (e as mestras? meramente espectadoras,jaja)



Habçia un saco con compost, perdón, TERRA QUE MANCHA!!! jejeje


E tamén unhas plantillas pequerrechiñas nunhas caixiñas.

Como chegou a primavera, chegou a hora de sementar e plantar as nosas cousiñas. Con esta calor, é moi refrescante comer ou cear ensaladas, así que imos plantar leitugas para despois comer na casa.

 Polo que...MANS Á OBRA!!! Aínda que a profe utilizou unha máis grande e de metal, nós, como modo de reciclar e adaptándonos as nosas manciñas, utilizaron unha "ferramenta" especial de cor rosa que utilizamos como caciño para botar terra.









Agora puxemos as maceitñas nunhas bandexas enriba dunha mesa a carón das ventanas para que reciba os raios do sol, calor, aire e nós encargarémonos cada día de regalas para que medren moito e "PAPALAS" despois!!jeje (algúns xa deixaron claro que non lles gustaban).


Tamén fixemos unhas a maiores "por se acaso" algúnha non ía ben para diante. 


E, como estamos na semana de MERENDAS SAUDABLES, houbo pepitas de mazá, de pera e de mandarinas polo que...DECIDIMOS PLANTALAS!!! O que é certo é que se mesturaron as pepitas das mazás e das peras pero, non hai problema, puxémolas todas xuntas no vaso de cartón co nome de "MANZAPERAS! e...a ver que sae!! (e se vai adiante, claro).

Agora paciencia e a agardar a que medren!!! Xa vos contaremos!

INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...