Estamos aprendo a escribir os nosos nome e decatámonos de que, na maioría, aparece a vogal A. Xa xaben que se escribe como dúas patiñas e un cinturón.
Estivemos practicando moito na pizarra dixital pero...qué tal se facemos un mural entre todos??? Tan xigante que non podemos estar na clase e teñamos que facelo no corredor.
Foi tan motivante que nos divertimos un montón.
Queredes ver un anaquiño do momento MURAL COOPERATIVO?
Pinchade na imaxe de abaixo.
Pero, aínda que temos en clase o noso mural, todos quixeron facer o seu propio. E por que non?
Rotus preparados?????
Folios listos????
IMOS ALÓ!
E como quedaron tan ben, puxémolo na cortiza da clase porque temos que decorala con estas marabillas!!!
Durante as clases de arte, facemos desdoble e, mentres uns traballan na aula con pinturas, o outro grupo vai á aula de usos múltiples a traballar outras cousas. Reforzamos destrezas lóxico-matemáticas como:
MEMORY
Onde reforzamos a atención, a concentración, a respetar o turno, a aceptar as frustracións e alegrarse polo éxito dos compañeiros, á vez que fortalecemos a memoria visual e a coordinación oóculo-manual.
PUZZLES
Aprendemos a clasificar as pezas dos distintos puzles dentro dunha caixa, a manter todo ordenado, a concentrarse e a establecer relacións. Deben prestar atención a cada peza para saber onde poñela. Asemade, o traballo cooperativo fai que establezan entre eles, respeten os turnos e colaboren.
Moitos xa están ilusionados por escribir o seu nome e polas letras que o compón. Aínda que traballamos todas as letras do abecedario á vez, ímonos centrar nas vogais e hoxe fixemos unha parada pola A cun pequeno vídeo e déixovos outro que tamén usaremos:
Despois tratamos de apreder a facer a súa grafía na pantalla dixital. É moi divertido porque poden elexir libremente a cor que queren.
Así que fixemos "paliño cara abaixo, outro pegadiño pola cabeciña cara abaixo e cinturón"
E sabemos que, para facela, precisamos de 3 paliños pero, se utilizásemos plastiliña, precisaríamos facer 3 gusaniños como estos:
Que tal se tratades de facer a vosa VOGAL A de plasti?
E finalizamos enchendo as pompas que había la letra A con pompas de gomets verdes, reforzando a psicomotricidade fina e a concentración.