luns, 6 de novembro de 2023

AVANZAMOS MOI BEN NO TRABALLO INDIVIDUAL.

   Fixemos un pouco de todo. Reforzamos as cousas redondas, os círculos, a cor amarela...e por iso traballamos sobre o SOL que é grande, redondo e amarelo. 


COLOREAMOS O CÍRCULO...


...PICAMOS OS RAIOS COS PUNZÓNS...



 
...E, ANTES DE GARDAR, ESCRIBIMOS O NOSO NOME. Pouco a pouco vanse familiarizando coa grafía e os xiros pero non o están facendo nada mal. Sen agobios, de xeito natural todo vai fluindo...a que si?


















FIN DO SAMAÍN EN BRANCO E NEGRO

 




venres, 3 de novembro de 2023

UPS, ESCAPÓUSEME UN MEDO!!!

Hoxe apareceu BLU na clase. Peliño longo, elástico e de cor morado.


e ten dou ollos moi saltóns!!!


E trouxo un conto moi divertido sobre os seus medos que provocaban uns efectos un pouco...cochinos,jeje.


Tras rematar o conto e falar sobre el, decidimos recrear a portada do conto entre todos. Para iso, traballamos na PANTALLA DIXITAL conxuntamente pero debemos traballar ordeadamente e respectando turnos. Pero, entre todos, debemos conseguir un traballo común precioso.





Cambiamos o fondo para que destaque máis BLU e...mirade que marabilla!!!


Pero BLU soltaba pompas de cores...máis ben peidos de cores con cada tipo de medo que tiña (medo á escuridade, medo ós berros, etc). Así que, TIÑAMOS QUE DEBUXAR POMPAS DAS CORES QUE QUIXERAMOS!!

Para iso tiñamos que seleccionar a opción de bolígrafo da aplicación, despois a cor que queriamos, o grosor e...A FACER POMPIÑAS FLOTANTES!!!






Despois de pasar todos o seu turno, a reproducción da portada do conto quedou así de estupenda!!!!


E que tal se recreamos nos mesmos a portada pero nos nosos folios? Seremos capaces?

VAIA QUE SI!!! SON UNS ARTISTAS!! MIRADE!!!















INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...