xoves, 28 de setembro de 2023

DEBUXAMOS COS ROTULADORES

Chegou o turno dos rotuladores. Pero tiñamos que saber que era moi importante sacar a tapa e poñela por detrás do rotulador para que non se perda e, ó rematra, debemos tapalo outra vez para evitar que se seque, se non, non funcionarán.


Así que repartimos folios para que crearán o debuxo que quixeran cos rotuladores de cores.








Pintaron por fóra,...


...pintaron cariñas de cores...


...cariñas con moitas extremidades...


...cariñas dunha soa cor...


...debuxaron montañas de cores...


...tamén labirintos de coloríns...



...e algún un monstruo de cores enfadado, jeje.


Pero o máis importante é que disfrutaron debuxando e todos os rotuladores moi ben coidados.




 

luns, 25 de setembro de 2023

APRENDEMOS A USAR O PUNZÓN: PRESIÓN E PRENSIÓN

 Hoxe levamos a cabo unha actividade de ALTO RISCO: estivemos picando cos punzóns!!!

O primeiro que tivemos que saber todos é que ter un punzón na man non é un xogo e pode ser perigoso porque podemos facer dano ós demáis e, sobre todo, a nós mesmos. Por iso, para traballar co punzón debemos estar sentados, tranquilos e concentrados co que facemos, sen xoguetear.

E todos o fixeron xenial!! Primeiro picamos libremente unha folla de papel pero, despois. tivemos que estar moi concentrados para picar pola rayiña...era un pouquichiño complicado pero O CONSEGUIMOS!!

O punzón precisa de destreza coa psicomotricidade fina. Temos que agarrar o punzón como se fose un pitiño e apretar forte para picar e que non se nons caia. É importante traballar isto para adquirir presión e prensión quue nos permita utilizar mellor o lapiz, co cal escribiremos o noso nome e moitas cousas máis.

Velaía unhas fotiños deles traballando!!!











venres, 22 de setembro de 2023

AS NOSAS CARIÑAS REDONDIÑAS

Estamos traballando o corpo e centrámonos nas nosas cariñas. 

Cariñas redondiñas, con dous olliños, nariz, boca, dúas orellas e cabelo. Todos sabemos onde temos cada unha das partes da cara pero...sabemos debuxar a nosa cara? Mirade que artistas!!!















xoves, 21 de setembro de 2023

A COR AZUL

 Estivemos traballando as cores vendo uns vídeos na pantalla como os seguintes:



Aproveitamos despois para ver se viñamos vestidos con roupa azul : camisetas, pantalóns, tenis, lazos,...

E buscando pola clase cousas azuis, atopamos ca caixa de tapóns de auga que reciclamos, así que sentámonos e corro no chan e, de un en un, localizamos os azuis que estaban mesturados.

Por último, repartimos etiquetas con códigos de cores e tiñamos que buscar os tapóns que correspondían a esa cor e conseguir facer a nosa misión!!!













PASÁMOLO XENIAL E FOI MOI DIVERTIDO!!!!


SON E SILENCIO. DEBAIXO-ENRIBA.

 As aprendizaxes serán lúdicas, motivadoras para conseguir aprendizaxes significativos e, por iso, onte e hoxe estivemos facendo varias cousas pero, nun anaquiño, aproveitamos para reforzar conceptos espaciais como ENRIBA-DEBAIXO e sempre con música!!! Queredes ver un poquiño?

Pinchade na imaxe




INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...