luns, 25 de setembro de 2023

APRENDEMOS A USAR O PUNZÓN: PRESIÓN E PRENSIÓN

 Hoxe levamos a cabo unha actividade de ALTO RISCO: estivemos picando cos punzóns!!!

O primeiro que tivemos que saber todos é que ter un punzón na man non é un xogo e pode ser perigoso porque podemos facer dano ós demáis e, sobre todo, a nós mesmos. Por iso, para traballar co punzón debemos estar sentados, tranquilos e concentrados co que facemos, sen xoguetear.

E todos o fixeron xenial!! Primeiro picamos libremente unha folla de papel pero, despois. tivemos que estar moi concentrados para picar pola rayiña...era un pouquichiño complicado pero O CONSEGUIMOS!!

O punzón precisa de destreza coa psicomotricidade fina. Temos que agarrar o punzón como se fose un pitiño e apretar forte para picar e que non se nons caia. É importante traballar isto para adquirir presión e prensión quue nos permita utilizar mellor o lapiz, co cal escribiremos o noso nome e moitas cousas máis.

Velaía unhas fotiños deles traballando!!!











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...