O mestre Víctor, antes de facer as actividades de psicomotricidade, veu a clase para pesarnos e medirnos.
Quitamos os tenis e estivemos quietos mentres o profe tomaba as medidas. A final de curso repetiremos... canto medraremos???
O mestre Víctor, antes de facer as actividades de psicomotricidade, veu a clase para pesarnos e medirnos.
Quitamos os tenis e estivemos quietos mentres o profe tomaba as medidas. A final de curso repetiremos... canto medraremos???
Estamos na fase de coñecernos e de aprender os nomes dos coelliños e coelliñas que hai na clase. Por iso, creamos esta RULETA VIRTUAL para poder xogar con ela, divertíndonos e, á vez, coñecernos mellor. ¿Seremos capaces de recoñecer todos os nomes? Pois a XOGAR NA CASA co móbil, co ordenador ou coa tablet, pero sempre coa axuda dos maiores!!!
Para acceder ó xogo, podedes pinchar na imaxe de abaixo (tamén hai no bloque esquerdo do blog unha imaxe permanente con acceso directo ó xogo educativo!!)
Hoxe xa estamos todos xuntos na clase e súper ilusionados!!!!
Queredes ver o ben que entramos no cole? Pinchade na imaxe de abaixo para ver un pequeno vídeo!
No bloque esquerdo do blog, tedes o HORARIO DE AULA durante este curso.
Se pinchades nel podedes descargalo en PDF e imprimilo.
Nel están sinaladas as horas dos ESPECIALISTAS, así como as sesións fixas como asamblea, merenda e recunchos.
ACLARACIÓNS:
- RECUNCHOS NO CORREDOR E PSICOMOTRICIDADE: Cando pon DESDOBRES é porque hai dúas sesións seguidas iguais (como pasa o luns e o martes). Acuden a esas sesións en dous turnos: primeiros todos os da mesa 1 e,despois, os da mesa 2. O resto quedará na aula coa titora.
- BIBLIOTECA: acudiremos a facer o préstamo de libros/contos. Ese día levarán un conto para casa nunha bolsa e deberán traelo de volta o seguinte xoves para poder levar outro. XA AVISAREMOS CANDO COMECEMOS porque, de momento, iremos á biblioteca pero non faremos préstamo.
- VENRES: a sesión de P.E.L.O. é de "Programa de Estimulación da Lingua Oral" e será levada a cabo pola mestra de Audición e Linguaxe.
- SESIÓNS EN BRANCO: as sesións en branco estarán coa titora realizando actividades globalizadas relacionadas co proxecto, coa lectoescritura, lóxico-matemáticas, experimentos, obradoiros, etc.
Para todas as familias que queredes disfruta do servicio do Plan Madruga e Comedor, Arume servicios sacou unha nova app “ COLE CHEF” que podedes descargar nos vosos móbiles e cuestionar directamente os servicios.
Para ver máis fotos, pinchade no blog no bloque dereito onde pon FOTOS e seleccionade o ALBUM: "3-SETEMBRO 2023" ou pinchade neste enlace.
Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...