venres, 6 de marzo de 2026

8M - DIA DA MULLER

O 8M, Día Internacional da Muller, é unha data moi especial para lembrar que todas as persoas somos iguais e merecemos as mesmas oportunidades.

Esta celebración ten a súa orixe nas loitas de moitas mulleres valentes que, ao longo da historia, pediron poder estudar, traballar e participar na sociedade nas mesmas condicións ca os homes. Grazas a elas, hoxe vivimos nun mundo máis xusto, aínda que seguimos traballando para que a igualdade sexa real en todos os lugares.

No cole, o 8M é unha oportunidade para falar coas nenas e os nenos sobre o respecto, a amizade e a importancia de compartir xogos, soños e responsabilidades sen diferenzas. Porque non hai cores, profesións nin xogos “de nenas” ou “de nenos”: todo é para todas e todos.

Para iso, traballamos unha poesía que recitamos e lle puxemos un toque audiovisual que agardamos que vos guste:


Tamén elaboramos unhas flores moi especiais creadas coas nosas mans, mans que axudan, que tenden unha man a quen o precisa, que abrazan, que aloumiñan...mans violetas cheas de amor que florecen en todas partes.



 Celebrar o 8M é aprender a coidarnos, a valorarnos e a construír xuntas e xuntos un mundo mellor, máis igualitario e cheo de oportunidades. 💜

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

RODAXE DO VIDEOCLIP "RI, SALTA,RI,CORRE" DE PAKOLAS

Hoxe vivimos unha desas xornadas que quedan gardadas para sempre na memoria da nosa clase. Convertémonos en auténticos protagonistas ao part...