luns, 23 de febreiro de 2026

OBRADOIRO DE INTELIXENCIA EMOCIONAL : Nova sesión

Nesta nova sesión falamos dos nenos e nenas que non teñen as extremidades inferiores, as pernas, ou que non as poden mover. ¿Como se desprazan? ¿será sinxelo ou difícil facer as cousas? 

Nada mellor que poñernos a proba! No ximnasio había pompas de cores, unhas con peixes e outras con comida para os peixes (pelotas). 



Tiñan que colocarse no medio das dúas pompas e deben darlle de comer ós peixes pero, se non lle chegan, deben desprazarse sen mover as pernas. Poden mover as mans, os brazos, o tronco...PERO AS PERNAS NON!

¿Queredes ver un pequeniño vídeo da sesión?

Tras esto, coma sempre, facemos unha asamblea, unha posta en común do que sentimos, da dificultade, do cansado que resulta...e xurdiron novas preguntas por parte dos peques: qué pasa se queren coller algunha cousa que está nun lugar alto e non lle chega?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

XOGAMOS Ó BINGO COS NÚMEROS

Os números vólvenos tolos pero son TAN DIVERTIDOS!!! Hoxe imos xogar con eles gracias ó bingo! Sentámonos por parellas como quixemos, no sit...