mércores, 24 de setembro de 2025

UNHA XORNADA VENDIMIANDO

 Chegou o día de ir vendimiar. Alá marchamos a unha finca preto do cole cos nosos mandilóns para non mancharnos, as tesoiras e os nosos cubos.

Andivemos un pouco e tivemos que pasar por debaixo dunha ponte...UN SÚPER TÚNEL!

Despois dun anaco, chegamos. A finca estaba chea de parras con uvas listas para vendimiar. 

CHEGOU O MOMENTO DE TRABALLAR!







E podedes ver un pequeniño vídeo en movemento pinchando na imaxe de abaixo.


E a xornada foi estupenda con todos os nosos cubos cheos.


Unha pequena parada para facer un pequeno repaso e tirar as uvas secas (pero un pouquiño porque tiñamos fame e decidimos comer as boas antes que tirar as malas,jajaja)


De camino ó cole, pasamos polo noso túnel favorito onde BERRAMOS MOOOOITO!!!!
 Comprobádeo no vídeo.



Para ver todas as fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.

Despois de lavar as mans, merendar, xogar e recobrar forzas, plasmamos nun debuxo a nosa xornada vendimiando. Mirade que bonitos!!!


















UN DIA FANTÁSTICO!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...