venres, 23 de maio de 2025

OBRADOIRO EN FAMILIA: MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

Nerea levaba tempo traendo a súa pandeireta que tanto lle gusta tocar e que tanto domina. Falando e falando, acordamos que podía levar a cabo un obradoiro coa súa familia dado que son uns grandes artistas da música tradicional galega,.

Polo que hoxe foi o día! Marchamos ó ximnasio pero non sabiamos quen ía vir xa que a profe non dixera nada...así que estabamos moi emocionados! QUEN ÍA ENTRAR POLA PORTA?

POIS A FAMILIA DE NEREA!!!! 


Amosáronnos os instrumentos e tocaron cancións coas que lles acompañamos.


Tamén nos repartiron cunchas de vieiras e de zamburiñas para que tocaramos xunto con eles e poder participar tocando música galega tradicional.



Amosáronnos o pandeiro, o bombo, o tambor, as pandeiretas...





E despois tamén puidemos tocar, se queriamos, o instrumento que máis nos gustara...ou todos!


Foi unha xornada marabillosa e moi divertida!


Despois marchamos a clase a decorar as cunchas como máis nos guste para facer que sexan únicas!
E despois levalas a casa para cantar e acompañarnos mentres facemos música con elas.









Gran obradoiro e pedazo familia!!! Moitísimas gracias por vir a facernos disfrutar tanto!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...