Hoxe é o DÍA DO LIBRO, o marabilloso día que tanto nos gusta porque, en cada libro, hai unha aventura, historias fascinantes e divertidas que tanto nos fan imaxinar.
A paixón pola lectura comeza desde moi pequenos e debemos fomentar a súa continuación na vida adulta: amplía o vocabulario, non hai erros ortográficos, amplías coñecementos, melloran a comprensión,...
Este ano elaboramos un mural na cortiza do corredor, xunto a clase, na que elaboramos unha árbore coa que darnos sombra mentres lemos , unha árbore que medra e coa frase "SE SEMENTAS A LECTURA, DESCUBRIRÁS MARABILLAS NUN ABRIR E PECHAR DE ¨FOLLAS".
Tamén trouxemos contos , os que máis nos gustan, para amosarllos ós nosos compañeiros.. Como son moitos, imos ir contándoos nestes días próximos para que todos poidan facer de contacontos cos compañeiros.


.jpg)
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.