Menuda xornada a de hoxe! Chegamos a clase e o elfo traveso estaba do máis cómodo agardando por nós...mirade!!
Así que, alí estaba tumbado nos nosos coxíns, co seu zumiño de laranxa natural recén feito ..
...e descansando cómodamente do seu almorzo coa música ambental de nadal!
Xa que estaban todas as laranxas alí, que tal se preparamos zume para nós?
Así coladiño e fresquiño listo para tomar.
E estabamos desexando tomar o rico zume que preparamos esta mañá! Así que...imos beber TODOS E TODAS este zumiño feito coas laranxas do elfo! mmm...rico, rico...
Despois, recollimos todo, limpamos, fixemos a asamblea e, cando acabamos, decidimos rematar de ver a película "SOLO EN CASA" que quedara pola metade. Queredes escoitarlles rir?
E xusto, un chisquiño antes de finalizar, chamaron á porta e eran OS ELFOS DE PAPÁ NÖEL!!!!
Xa estaba eiquí con caramelos e moita ilusión por estar con nós!
(Nestes días adxunto as fotos individuais con Papá Noel neste artigo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.