venres, 27 de setembro de 2024

PROXECTO ALUCINE: A CLAQUETA E O CINE MUDO.

Comezamos o PROXECTO ALUCINE coñecendo un obxeto moi importante que é a CLAQUETA.


É un obxeto fundamental que comenzou no cine mudo tanto para sinalar as esceas e tomas de rodaxe e así poder ordealas, como para sincronizar voz e son. 

A claqueta ten forma cadrada e hai de varios estilos: brancas e negras ou con cores.  Hainas que se escriben con xiz, con rotulares borrables ou XA HAI DIXITAIS!!! Esas molan moito!

Así que, aproveitamos para pintar unha cartuliña coas cores do outono como estivemos falando o día anterior (verde, amarelo, laranxa, marrón, vermello) e decoramos unha claqueta àra logo recortala cada un so e pegala neste fondo. 


Aproveitamos para axudar á mestra a escribir a palabra CLAQUETA na pizarra branca. Ela dicía a palabra e nos axudábamoslle dicíndolle a letra que tocaba escribir. É MOI DIVERTIDO! Despois, aproveitamos para copiar a palabra nas nosas claquetas.

MIRADE QUE CHULAS QUEDARON!!!

Antes xusto da rodaxe, xustamente cando van grabar as cámaras,  mandan silencio previamente, que todos estean en silencio e o encargado da claqueta di:

"PREVENIDOS...CINCO...E ACCIÓN!" 

E cxusto ó dicir ACCIÓN, golpeamos a peza da claqueta. 

Que tal se practicamos nós como claquetistas?

Facemos un repaso todos xuntos?

E como é venres e, os venres, centrámonos moito máis no proxecto de cine, comezamos co cine mudo, unhas películas en branco e negro e os actores non falan, so actúan, pero hai un acompañamento de música que acompaña as esceas. Para comprobalo, empezamos a ver a película de Charles Chaplin "O NENO":

Como no nos deu tempo a acabala, seguiremos o próximo día onde tamén falaremos deste actor tan coñecido e importante no noso cine.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

PEIXIÑOS DE CORES

Como cada mércores, traballamos arredor do proxecto. Hoxe un peixiño "Glú, Glú" apareceu na aula. De que mar sería?  Certo é que n...