Listos e preparados rumbo á saída escolar ó Museo de Pontevedra!!! Por parellas, sentámonos no autobús cunhas sonrisas enormes e moita ilusión. Que gañas tiñamos de excursión!!!
O autobús deixounos moi preto do museo pero, aínda así, debiamos ir ordeadamente, sen correr e sempre atentos ás mestras.
Ó chegar, deixamos os abrigos nunha gran caixa porque alí dentro facía calorciño, pero o que si deixamos foron as camisetas coas que estabámonos identificados e non non iamos perder.
Dentro da sala, Sabela explicounos moitísimas cousas pero tamén tiñamos que gardar silencio porque non podía berrar moito e todos debiamos escoitar as explicacións.
E chegamos á sala onde estaba a BRUXA GRANDÍA!!!!
E falounos de que o seu bosque todo era gris e que non coñecí outras cores, nin era quen de sentir emocións. Non sabía nin que era o enfado, a tristura...NIN AS RISAS!!!!
Despois de estar na sala, marchamos á entrada onde había mesas e cores e así puidemos colorear á Bruxa Grandía e o seu gato!!! Menudas risas!!
(Aínda que tamén estivemos facendo visitas ó baño mentres tanto)
Ó rematar, baixamos polo ascensor ata a planta baixa, fomos todos ó baño, recollimos os abrigos e....marchamos de camiño ó parque!!!
Alí merendamos galletas María e de chocolate, bebimos auga e, a medida que remataban, podía ir xogar no parque que non había nunguén!
O tempo non puido ser mellor!!! Pasámolo xenial e temos gañas de NOVA EXCURSIÓN!!!
MÁIS FOTOS NO ALBUM DE MAIO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.