xoves, 16 de maio de 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS preparamos a canción, xunto cos nosos compañeiros do ciclo de infantil, a canción de "POLO MAR ABAIXO VAI UNHA TROITA DE PÉ".


Asía que nos reunimos todos xuntos no patio cuberto para cantarlla ós demáis compis do centro.


Os de infantil fixemos 2 círculos e cantamos mentres dramarizábamos a canción con xestos 
(que volo fagan na casa!!!)



Despois sentamos xuntos para escoitar ós demáis cursos.



Na clase preparamos os carteis para os xogos que iamos facer no ximnasio, onde tiñamos cada un unha palabra en GALEGO asignada.





Despois, no ximnasio, cada un tiña que correr ata o cono cando escoitaba o nome en galego da súa palabra. Todos os nenos de 3, 4 e 5 anos que tiñan esa palabra, tiñan que saír.

Ó chegar a clase e para relaxarnos de tanto correr, escoitamos unha canción en galego "Contra vento e marea" (na que saía a súa profe, jejej)


E, por último, levamos a casa unha manualidade que fixemos sobre unha palabra que nos gusta moito e que ten moito que ver nesta primavera: 

AS BOLBORETAS





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

UNHA MENSAXE SORPRESA DE RUFIÑO DESDE A RUFITECA

Cando chegamos do recreo, estabamos na clase relaxándonos, bebendo auga e, de súpeto, escoitamos que petaban na porta MOI FORTE. Levamos un ...