venres, 19 de xaneiro de 2024

SORTEO DAS 16 TEMÁTICAS SOBRE AS EXPOSICIÓNS SOBRE EXIPTO

E chegou o día do sorteo das 16 temáticas para as PRESENTACIÓNS SOBRE EXIPTO. Nada mellor cunhas cartas virtuais cos 16 temas a tratar. Barallámolas todas e despois, saíron un a un, déronlle a volta a carta superior e...SORPRESA!!!!

Como había nenos que non estaban, a profe Sofía sacou por eles as cartas.


Xa sabedes que podedes facer o que vos apeteza ou  o que vexades máis adecuado. Poden facela eles sos ou vir vos acompañarlles.

- PRESENTACIÓN: pode ser un powerpoint no que eles soamente teñan que explicar, pode ser un traballo nunha cartulina con imáxenes, unha maqueta, facer un taller de manualidades na aula...o que queirades. 

- TEMPO: unha presentación curtiña para que perdan o medo a falar, non se aburran e lles sexa sinxelo de memoriza (por exemplo, coa temática das froitas, pode ser: unha mazá é redonda, poden ser amarelas, verdes ou amarelas. A árbore é a mazaira. Pódese facer puding, tarta de mazá ou empanada...). Algo sinxelo e, dependendo de cada un, pode ser un pouco máis amplo ou non.

- Podedes vir con eles porque LLES ENCANTA pero, no caso que non poidades, xa estou eu aquí para apoiarles. O ser dixital a presentación, podedes mandala ó mail da clase.

- DATAS: os días destinados ás presentación son os XOVES E VENRES. Cando estean listos, avisádesme para coordinar o día da EXPOSICIÓN,jeje.

- PRAZO: tedes ata MAIO (incluído). No mes de xuño xa non o faremos.

- OBXETIVOS: o que pretendo é que perdan o medo escénico, que se expresen oralmente (aínda que non se lle entenda ben), a exposición en público, falar alto e claro, prestar atención a quen fala, a importancia dos silencios, o respeto polo traballo alleo e a comunicar cousas aprendidas para ensinar ós demáis. 

Seguimos viaxando por EXIPTO e avanzando en coñecementos e destrezas como as actividades que xa son capaces de facer: COLOREAR MOI BEN E COPIAR PALABRAS!!!



















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...