venres, 29 de setembro de 2023

FROITOS DO OUTONO: AS FEIJOAS

Na clase apareceu unha bolsa que semellaba pesada pero non sabiamos que tiña.
Cada un foi dicindo cousas que podería ter: coches, árbores, bonecas, pelotas,...


Pero o que tiña era moitas froitas...que serían?  Case todos dixeron queran SANDÍAS!!!
Entonces falamos de como eran: 

REDONDAS

DE COR VERDE

PEQUENAS

O AROMA ERA AGRADABLE

A CÁSCARA ERA UN POUCO DURA, UN POUCO BRANDA...

Polo que non eran sandías, SE CHAMAN FEIJOAS/FREIXOAS/FEIXOAS




PERO...COMO SERÍAN POR DENTRO?
Todos convencidos dixeron que tamén eran verdes!


Así que decidimos cortalas pola metade, ver a súa cor e tamén probalas, polo que mellor que velos en vídeo. Polo que PINCHADE EIQUÍ para ver o pequeno vídeo.

E, para rematar, coloreamos as nosas feijoas coas súas cores.



Como os maiores, sentadiños nas nosas mesas e utilizando os "estuches-caixa"por parellas. 
Somos moi maiores!!!








 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...