martes, 10 de decembro de 2024

UNIDOS POLA ÁRBORE DE NADAL

O alumnado de Relixión e de valores traballamos nunha actividade común onde falabamos do Nadal e das decoracións nestas datas.

O que todos xa tiñamos na casa era a árbore de Nadal polo que decidimos facer unha manualidade de maneira conxunta.








Pintamos, decoramos, picamos...e elaboramos os nosos móbiles tan chulis!!!



mércores, 4 de decembro de 2024

ADORNOS DA ÁRBORE DE NADAL

 Estes días quixemos facer o noso adorno para a árbore e quixemos facer unhas estrelas, así que, puxémonos a iso!!! 

Primeiro pegou depresores a profe coa pistola de silicona e, despois, pintamos as nosas estrelas de vermello, coma o traxe de Papá Noel.





Despois montamos os adornos que nos fixo a nosa "doctora xoguetes" (a nai da profe) e puxemos as nosas caras dentro deste adorniño de croché.


E despois volveunos pegar a profe coa silicona e, cando estiuvo listo, colocámoslle un limpiapipas a cada un e colocámolos la árbore de nadal do corredor das nosas aulas.













MIRADE QUE CHULOS E CANTO BRILLAN!!!
Nas casas van quedar preciosos nas súas árbores!



martes, 3 de decembro de 2024

DIA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE - 3 DECEMBRO

 Hoxe celébrase un día moi especial para moitos dos nosos compañeiros do colexio e doutros colexios que teñen algún tipo de discapacidade (visual, auditiva,...).


Por iso participamos todo o alumnado coa proposta de PELÍCULAS E CURTAMETRAXES na que o tema da discapacidade é o tema ou un dos temas que se tratan. Elaboramos un mural enorme na cortiza da entrada pero creo que non chega a moito porque as propostas de pelis é impresionante!!!

G R A C I A S   A   T O D O S !!!










INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...