luns, 11 de maio de 2026

FACEMOS AS ONDAS DO MAR

 Aprendimos sobre as ondas do mar cun documental e, despois, creamos as nosas ondas dunha maneira moi divertida: papel contínuo, 2 rotulares e...MOITO MOVEMENTO!!!


As mestras collíannos dos pés e nos movían cara atrás mentres nós pintabamos ondas cos rotuladores. Foi taaaaaaaan divertido!!!


Así de bonito quedou o noso "mar" cheo de ondas mariñas. Pero, aquí, falta algo!!!


Faltan os peixes nadando por entre a auga. Así que tócanos pintar os peixes que queiramos, recortalos e pegalos no mar.


O mural quedou xenial! Un bo traballo en equipo!





xoves, 7 de maio de 2026

OBRADOIRO DE XARDINERÍA

 Os nosos cactus medraron e xa precisaban trasplantarse do vasiño de iogur a unha maceta más grande. Así que hoxe tocou obradoiro de xardinería xa a primeira hora, antes de que o calor molestase máis.

Marchamos ó patio coa terra e, por turnos, fomos cambiandoas de sitio e botando terra nova. A algúns non lle facía gracia lixarse as mans e outros...moláballe!









Xa con todo listo, marchamos a clase a poñelo no maceteiro ...


e colocarlle as etiquetas que fixemos co noso nome.

Despois tocou o momento das flores. Troxemos da casa moitísimas flores de diversos cores, tamaños, olores... Estivemos amosándoas todas porque ...MIRA CANTA VARIEDADE DELAS TROXERON!









Despois estivemos vendo todas as que trouxeron os compañeiros e que tiñan expostas nas súas mesas.


E, para rematar, elaboramos pulseiras cos pétalos de flores que máis nos gustaban.


E mirade que pulseiras naturais tan bonitas deseñamos!








martes, 5 de maio de 2026

PANAIS CHEOS DE ABELLAS

Xa rematamos os nosos panais onde reciclamos materiais e co que aprendimos moito da vida das abellas e a súa vida durante estas semanas.









Panais, celdas, abellas, mel,...a súa vida, a súa alimentación, as cousas peculiares e interesantes relacionadas con este insecto tan importante na primaveira: AS ABELLIÑAS.


Os nosos paneis están expostos na cortiza do corredor.



INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...