venres, 12 de setembro de 2025

AS OLAS DO MAR

 Estamos falando dos peixiños, de como son e, hoxe falamos de como se desprazan. Nadan por augas que están en constante movenento. Augas onde hai olas, as veces con máis calma e, outras veces, creando unha oleaxe potente.

Así que elaboramos as olas de mar con rotuladores, grandes e pequenas, en calma e "furiosas" para que, o noso peixiño, puidese nadar nelas.



















mércores, 10 de setembro de 2025

MERGULLÁMOSNOS NA MAR!

Comezamos o curso con moita ilusión e moitísimas anécdotas do nos verán que plasmaron nestes debuxo tan incríbles:












E na praia, onde moitos estivemos, hai mar e, nese mar, peixiños. Así que elaboramos uns pequenos peixiños de cores que nadan polo noso mar "glu, glu".











E, que tal se aprendemos a debuxalos? Pois rotuladores, cores e libretas para estes pedazo ilustradores!










ALBUM DE SETEMBRO 2025:PINCHAR NESTE ENLACE





BENVIDOS Ó CURSO NO QUE SOMOS OS MAIORES DE INFANTIL!!!

 BENVIDO Ó CURSO ESCOLAR DE 5 ANOS!!!  Agárdanos un curso moi emocionando e pasado por auga!!! jejej. 

Para que vos organicedes e saibades, déixovos eiquí o horario escolar e, se pinchades na foto, podédelo descargar en PDF e imprimilo. Tamén o deixo no blog, no menú da parte esqueda.

As especialidades están en negriña e, como xa sabedes, infantil é todo globalizado e, aínda que temos unha estructura horaria para guiarnos, poden modificarse algunha vez por algunha actividade complementaria, algún evento, un tema imprevisto de interese... (mais a hora de biblioteca, arte/lectura, asamblea e recunchos serán prácticamente inamobibles, jeje).



mércores, 18 de xuño de 2025

OBRADOIRO DE SANDA CO PROFE ESTEBAN

O profesor de 1º EP é tamén deportista, practica e compite cun deportre chamado SANDA. Por iso, foi levando a cabo pequenos obradoiros co alumnado dos diversos cursos para amosar este deporte un pouco descoñecido para moitos. 

Hoxe estaban os de 2º EP a primeira hora, así que saimos para compartir a charla e...


...e poidemos disfrutar dunha sesión práctica tamén nós. 
Se PINCHADES na imaxe de abaixo, accederedes ó enlace e poidedes ver un pequeniño vídeo deles golpexando.

 jk




EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA DE APÍPOLIS

O venres, 13 de xuño, o ciclo de infantil disfrutou da excursión de fin de curso á Granxa Escola Apípolis.

Ó chegar alí, fixemos os grupos mixtos, nos que nos mesturamos nenos e nenas dos 3 cursos. Cada grupo pasou polos diferentes obradoiros:

- Visita á exposición 

- Obradoiro de cociña coa realización de galletas de mel.

- Taller de fabricación de velas de cera.

- Visita ás colmenas cos traxes de apicultores mini.

Despois tivemos momentos da merenda, da comida e de xogo. Que ben o pasamos!!!

Para ver TODAS as fotos, PINCHADE NESTE ENLACE do álbum.

INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...