martes, 20 de maio de 2025

TEATRO "E ENTÓN UN XARDÍN!”

Hoxe marchamos a ver unha representación teatral en A Fundación. Estabamos moi ilusionados por ir en autobús e poder disfrutar do teatro.


Así que marchamos por parellas ó autobús. Gracias que non chovía nin facía mal tempo!


Ó chegar a Pontevedra, baixamos do autbobús e agardamos arrimadiños á parede para deixar pasar ós peatóns e así estar afastados da carretera.


Lembramos que é moi importante estar calados cando empece a función, 
cada un no seu sitio e disfrutar da obra.



Moitas risas, animais e unha historia moi divertida, con palmas e moitas risas.


Ó rematar, a oruga protagonista veu visitarnos ós nosos asentos.


QUE BEN O PASAMOS CANDO IMOS Ó TEATRO!


luns, 19 de maio de 2025

REFORZAMOS O CONTEO CON BUGS BUNNY

Hoxe Bugs Bunny quixo xogar con nós a contar porque ¡é o que máis lles gusta!

Así que sentámosnos en círculo e fixemos un repaso contando

 do 1 ó 5, do 1 ó 10, do 1 ó 15 é do 1 ó 20!!!!

Eiquí un vídeo pequeniño!



SOMOS UNS PIRATAS DE CINE

 Cada mes, unha frase de cine que nos gustara a cada curso. Os de 4 anos gustounos moitísimo esta que dixo Jack Sparrow en PIRATAS DO CARIBE así que preparamos 2 murais: un para poñer no expositor de Rufiño e outro máis grande para a nosa aula na que nos convertimos en PIRATAS desas embarcacións.

Como fixemos? Pois moi sinxelo: utilizamos as tablets do cole, sacámosnos fotos como bos e boas fotógrafas e a profe xunto a iA fixo todo o demáis!!!



venres, 16 de maio de 2025

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Chegou o DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!! Un día cargado de palabras bonitas e de moitas cancións e pandeiretas.

O EDNL propuxo a recopilación de cantareiras e cancións de Galicia, familiares, coñecidos ou non. E todos participamos con marabillosos traballos.







E colocámolos no mural que elaboramos xunto cos compañeiros do cole.

O mércores viñeronnos visitar as Cantareiras de Ronsel, 6 mulleres e 1 home, que nos amosaron os traxes que soían levar, a vestimenta que deseñaron, así como as cancións coas que disfrutamos moitísimos xa que, algunhas as coñecíamos. Mirade o vídeo resume da xornada.


Tamén elaboramos uns imáns para a neveira coa temática da pandeireta. Preciosas, non si?


Pero tanto nos gustaron as pandeiretas, que practicamos na clase unha canción para o venres que estaban a traballar nas clases de música. Como acompañamento, tivemos a Nerea, unha gran pandereteira.


Como xa sabemos escribir, traballamos as letras que compón o nome PANDEIRETA de maneira conxunta na pantalla dixital e, despois, recortamos tarxetas con letras, as ordeamos e compuxemos o nome debaixo do debuxo. Cada un decorou a pandeireta da maneira más colorida porque as cancións aportan ledicia e moita diversión, como divertidas son as cores.

E chegou o venres, o día no que todos os compis do cole, celebrabamos esta data tan especial. Baixamos ó patio despois do recreo e comenzamos as actuacións.

O segundo turno foi para nós.

 Estabamos un pouquiño con vergoña pero a canción a sabiamos de memoria.

Os nervos pasaron e disfrutamos de todos os compañeiros de outros cursos!!!

Cando remataron, comenzou o mellor de todo...




...A MÚSICA GALEGA E A BAILAR LIBREMENTE!!!


Para ver máis cousas deste día, podedes visitar o BLOG DO COLE "Orgullo de Campañó" 



luns, 12 de maio de 2025

A CANCIÓN QUE ESTAMOS A PREPARAR

 Entre varias das cousas que estamos traballando arredor do Día das Letras Galegas, os de 4 anos, imos cantar esta cancionciña. Aínda que non sexa toda, trataremos de memorizala e, por se queredes reforzala desde a casa, eiquí vola deixamos para que adisfruten do pequeno vídeo á vez que a memorizan.



xoves, 8 de maio de 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: PREPARANDO A MANUALIDADE

Este ano adícase o Día das Letras Galegas ás PANDERETEIRAS. Na clase de música xa traballamos coas pandeiretas, que non é sinxelo!!! 

Nestes días, apareceron unhas bolsas con masiña que seca ó aire, unhas caixas con adornos de brillos, para que serán?

Lembramos as partes da pandeireta:


A verdade é que os adornos brillantes semellan ás "SONAJAS METÁLICAS" o ferrallas da pandeireta...

...E SE NON DEIXARON ISO NA CLASE PARA FACER UNHA PEQUENIÑA?

Así que collimos un anaco de masiña e fixemos unha boliña. 

Despois aplastámola un pouco e, por último, colocámoslle arredor os adornos.

Por último, colocámolas con coidado nunha bandexas para que sequen e...


...despois faremos outra cousa con elas...pero máis adiante...

QUE BONITIÑAS ESTÁN QUEDANDO!












martes, 6 de maio de 2025

CREANDO UN XARDÍN

Despois de facer tarefas, decidimos adicarlle un anaquiño a ir decorando a nosa cortiza. Como temos unha parte de cor verde...imos aproveitala para crear un xardín con flores. Así...A FACER FLORES!!!

Para iso precisamos a tesoira, pegamento e moita precisión para recortar as partes curvas e circulares.




...e pouco a pouco, este xardín estase construíndo...



INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...