venres, 10 de xaneiro de 2025

APRENDEMOS A ESCRIBIR TAMÉN NO ORDENADOR (Breogán)

Como ben sabedes, estamos nun proceso fermoso no respecto á lectoescritura, onde están aprendendo letras, sílabas, aprenden a "ler" e a "escribir" cousas libremente. 

Como sempre digo, é un proceso lindo no que a naturalidade, a flexibilidade e respectar os ritmos é importante. Aprendemos no papel, na pantalla, no ordenador, cos seus nomes, coas palabras que máis lles gusten, presentándo as  letras a as sílabas de maneira separada ou incluída en palabras que ven o escoitan,.. moitas son as cousas que facemos e coas que xogamos mentres aprenden sen decatarse.

Unha das cousas que facemos é escribir no ordenador libremente, sen correxirlles aínda porque queremos PENSAR e, a veces, aínda que estea mal escrita, ten a súa "razón". Como exemplo, amoso a pantalla do encargado de hoxe:


Sodes quen de adiviñar o que escribiu?

Eiquí vos deixo o enlace o pequeniño vídeo que grabei na clase (o son non é bo) pero é un exemplo do que podedes facer tamén na casa se queredes PERO SEMPRE CUN ADULTO O SEU CARÓN e poñendo as letras en maiúsculas.
Hoxe o encargado era Breogán, pero sempre é así con cada encargado e cada un o seu ritmo evolutivo.





O NÚMERO 4 POR TODOS LADOS

Hoxe comezamos co xogo do LINCE que nos trouxeron os Reis Magos. Primeiro xogamos por turnos a sacar tarxetas e localizalas e así aprender unha versión do xogo, simple e sinxela. Temos un cubo onde están metidas todas as mini tarxetas con imaxes variadas, cando era o noso turno, tiñamos que buscar a imaxe no taboleiro e poñer a mini tarxeta enriba.


Agora toca versionar, collemos 4 fichas de cores e xogamos por grupos de 4. Cada neno ten unha cor. Deben estar moi atentos porque a mestra ou un compañeiro saca 1 ficha do cubo e amosa a imaxe que ten. Os 4 rapaces deben estar concentrados e moii atentos, así como de coordinar ben os ollos para localizar esa iamxe no taboleiro e poñer a súa ficha de cor enriba de dita imaxe. O primeiro, gaña...aínda que eiquí gañamos todos porque nolo pasamos xenial!!!


Como no LINCE nos divertíu o xogo de 4, aprendimos e reforzamos a grafía do nº 4 na pizarra dixital, coas cores que máis nos gustaba!!! O 4 semella a letra L cando comezamos a facela! jeje.


Logo contamos cantos número de cada cor había! Quedounos moi colorido!


Aproveitamos para seguir traballando na pantalla, co repaso da ficha de matemáticas que se refería a este número. E, despois, nas nosas mesas, realizamos a actividade de maneira individual,



Os que remataban antes, escribían con un pouquiño de axuda , o nome dunha das froitas que aparece na actividade. Xa sabedes que sen presión porque, restar medo a equivocarse, fai que se sentan máis motivados e avancen máis rápido e de maneira relaxada.

(a algúns non lles deu tempo)








mércores, 8 de xaneiro de 2025

OS AGASALLOS DOS REIS MAGOS PARA OS COELLIÑOS

Chegamos a clase despois do Nadal e apareceunos unha caixa na alfombra para nós!!!! Eran dos Reis Magos e pesaba MOITISIMO!!!


Non sabiamos que habían dentro pero estabamos moi nerviosos. 
Habería xoguetes? roupa? comida? libros?
Unha caixa RECTANGULAR, GRANDE E PESADA 
 que agochaba un AGASALLO ENORME para nós.

Con paciencia, agardamos a ver todas as cousas que ían aparecendo e non paramos de aplaudir e de poñernos máis nerviosos cada vez que a mestra sacaba unha cousa!!

- Plastilina nova para sustituír á vella.
- Pinturas de cores finiñas coma a dos maiores porque xa coloreamos xenial.
- Pinturas de cores dourada e prateada!!!! as que máis nos gustan!
- Paraugas dos reis de chocolate para cada un.
- Acuarelas
- Moitos xogos para xogar en equipo e estimular as nosas neuronas, esas que viven nas nosas cabeciñas e que nos axudan a pensar...


MENUDA PASADA!!! Cousas novas para nós!


Pero, antes de nada, non pudimos resistirnos ás lambonadas que nos deixaron e comimos os paraugas de chocolate (non obedecimos a suxerencia da profe de levalos a casa, jaja)










Debuxamos o noso xoguete favorito e coloreamos os debuxos das follas que nos deixaron os RRMM para que estrenásemos as cores novas!










E rematamos o día xogando nos recunchos e estrenando moitos dos xogos novos que tantas gañas tiñamos de probar! Hai outros dous que imos deixalos para aprender a xogar todos xuntos en equipo grande!!!






QUE GAÑAS TIÑAMOS DE VIR Ó COLE...aínda que custou espertar pola mañá!

Biquiños e FELIZ ANO!!

INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...