venres, 28 de marzo de 2025

UNHA NOVA MASCOTA NA CLASE

O outro día apareceron varias cousas movidas de sitio que nos iamos decatando pouco a pouco. O elfo traveso non podía ser porque non estabamos en Nadal...quen fora?

Mentres estabamos traballando, a mestra foi coller algo na mesa e viu que, debaixo da mesa, algo se metera no seu bolso. Estaba agochado pero non sabiamos que era.


Ata que o sacamos e era UN COELLIÑO SUAVE!!! 
Viñera a nosa clase e agochárase por se lle rifabamos.

SERÁ O COELLIÑO DE PASCUA?


Era a nai de coello!!! Menuda alegría levou!



Pero pasaron os días e decatámonos que, a nai, non tiña nome. 



Así que hoxe, venres, decidimos poñer fin a esto e facer propostas de nome. Polo que anotamos na pantalla dixital os nosos nomes e a profe ía escribindo o nome que cada un e cada unha quería poñerlle. Así que por turnos ía apuntando a mestra.


Despois de escribir todos os nomes, comezou a votación. Podiamos votar varias veces se nons gustaban os nomes. Foi unha votación moi xusta porque había varios empates...ata que chegou a proposta final que, por 1 punto, foi a gañadora.


A NAI DO COELLO CHAMARASE POMPÓN e quedará con nós na clase.












mércores, 26 de marzo de 2025

SOMOS CRIADORES DE GUSANOS DE SEDA

 Chrgou a primavera e, con ela, moitos insectos. Así que a mestra de 5 anos compartiu con nós uns cantos oviños de gusanos de seda para que vexamos o ciclo da mariposa/polilla.


Comen follas de moreira. E, aínda que son pequeniños algúns gusanos, son uns devoradores.


Xa vedes que algúns seguen sendo ovos e outros xa naceron. Se saen todos...creo que, a medida que medren, non van poder caber na caixa e deberán ir a outras casas se os peques queren e traen unha caixa (pero xa avisaremos de ser o caso!)



martes, 18 de marzo de 2025

DESEÑADORES DE XOIAS PARA CALQUER EVENTO CINEMATOGRÁFICO


Recibimos a proposta do Colexio Oficial de Xoiería do Concurso de Deseño de Xoais para o Día da Nai. Xa levaron os peqies a portada da tarxeta onde, por detrás, dispoñedes de toda a información.




Para calquer evento de cine, unha estrea cinematográfica, as actrices sobre todo levan unhas xoias estupendas diseñadas por artistas artesanais como pendentes, colgantes, pulseiras, ... Así que nada mellor que converternos en DESEÑADORES DAS NOSAS PROPIAS XOIAS.

O primeiro que fixemos foi navegar pola rede atopando ideas, imáxenes de diversas xoias e de analizalas. Despois, collimos as nosas tarxetas e, con rotulador negro, puxémonos a deseñar o que máis nos gusta facer:









Todo listo: deseños rematados e moi orgullosos dos nosos traballos.

E agora tocáballe dar un toque de cor. Moitos quixeron facelos con tonos dourados ou prateados pero faltábanlle un chisco de cor así que...TOCOU UTILIZAR CORES para que as nosas xoais luzan alegres!! 

MIRADE QUE MARABILLAS!!!!










Os deseños xa foron entregados e agora tocar agardar. A VER SE HAI SORTE!!! E, se non, non pasa nada porque o pasamos xenial! Agardamos que vos gustara.



venres, 14 de marzo de 2025

SOMOS CRÍTICOS DE CINE NA SEMANA DA PRENSA

 Esta semana disfrutamos da semana da prensa. Nos xornais atopamos noticias e diversas seccións: sucesos, pasatempos, deportes, televisión e a carteleira do cine.

Por iso, convertemos a nosa porta nun xornal enorme chamado "A VOZ DOS COELLOS" onde convertémonos en críticos de cine coas nosas pelis favoritas. Algunhas as coñecían todos e outras non, así que supuxo un gran descubrimento!!

Nas FICHAS TÉCNICAS puxeron :

- FOTO DA CARTELEIRA

- NOME DO CRÍTICO/A DE CINE

- VALORACIÓN

- ANO DA PELÍCULA

- DURACIÓN 

- XÉNERO

O que si é seguro é que lles gustaron moito e son as súas favoritas!!!



mércores, 12 de marzo de 2025

SAÍDA Ó PAZO DE CULTURA: FILARMÓNICA DE PONTEVEDRA

 Hoxe por fin saímos ver á Filarmónica de Galicia. MÚSICA! MÚSICA! Canto nos gusta a música! Estabamos emocionados por ir tamén en autobús. Sorte tivemos que non chove e que o sol nos acompañaba!


Chegamos a tempo, acomodámosnos nos asentos e tiñamos unha visión estupenda.



Apareceu unha señora maior que falaba coa súa neta porque había moitas historias fantásticas que contarlle sen que precise estar pegada á tableta todo o tempo (pero non á tableta de chocolate!!!)

Mentres contaba a historia, proxectábase as imaxes en movemento dos elementos do conto, así como a música que acompañaba e as cancións que interpretaban.

E, de súpeto, pola porta, entró unha personaxe da que falaban na historia!!!! Unha cousa moi, moi, fea que nos fixo rir a todos (menos a algunha pequerrecha,jeje). Un zancudo horroroso!!!

Ó chegar a clase merendamos, marchamos ó baño, xogamos no recreo, fomos á biblioteca cambiar os libros e xogamos nos recunchos que quixemos!!!

Unha xornada xenial!

PEIXIÑOS DE CORES

Como cada mércores, traballamos arredor do proxecto. Hoxe un peixiño "Glú, Glú" apareceu na aula. De que mar sería?  Certo é que n...