mércores, 28 de febreiro de 2024

AS 3 R CON "POLO CORREO DO VENTO"

Hoxe viñeron os rapaces de POLO CORREO DO VENTO para levar a cabo unha sesión de contacontos na Rufiteca do cole.



Estabamos todo o ciclo de infantil para disfrutar dun conto con música que son do ukele, na que nos amosaba a importancia do Medio ambente, da conversación e da regra das 3R (Reducir, reciclar e reutilizar).


Amosáronnos tamén a linguaxe de señas aprendendo a aplaudir, a dicir gracias,...



Carlos, o ilustrador, tamén nos ensinou a debuxar. Por iso todos debiamos ter un folio e unha pintura para seguir as súas instruccións e converternos en artistas.


Así que nos puxemos mans á obra!!






E fixemos uns debuxos impresionantes que, quen quixo, o levou para casa.

Como nos gusta estas sesións de contacontos!!!

luns, 26 de febreiro de 2024

APRENDEMOS A DEBUXAR CASAS

 Xa estamos crecendo e cada vez aprendemos máis. Esta vez, nos desdobles, aprendimos a facer casas pero dun xeito máis divertido. 

Xuntabámonos nun recuncho e acordamos o que facer: por exemplo, "imos facer primeiro o chan", entón a mestra o debuxaba na súa pizarriña ...

...e, se lles gustaba como quedara, marchaban todos as súas follas para debuxar o mesmo e, cando remataban, voltaban ó recuncho onde acordabamos o seguinte que tiñamos que facer e, a mestra, lles amosaba como se facía.


 Así fixemos co tellado, as paredes, a porta,...e mirade que marabillosas obras de arte!!!



Cando remataron todo e quedaron satisfeitos coas súas obras, temos que darlle cor e, como non lles deu tempo nestas sesións de desdoble a colorealo todo, rematamos na aula despois de merendar!!!



 

venres, 23 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

 Como cada 23 de febreiro, conmemórase o DÍA DE ROSALÍA  e hai anos, no noso cole, elaboración un pequeno vídeo explicativo:

Aínda que tamén podedes atopar un dos Bolechas que lles gusta máis e que fai mención os seus poemas:

Observamos que todas as fotos que atopabamos dela na rede son fotografías en branco e negro, e nós quixemos darlle un toque de cor máis actual...e non hai nada máis actual que a vestimenta de exipcia xa que nós acabamos de ter o entroido e fixemos os nosos disfraces. 

Así que, entre todos, coloreámoslle o seu vestidiño.







E MIRADE QUE PRECIOSA QUEDOU!!!

Marchamos á cortiza do corredor da entrada e a colocamos xunto a outra grande que estaba de exemplo e agardando a que os demáis cursos locoquen as súas...temos moitas gañas de ver as súas obras de arte!!!

Ela era artista e nós tamén, así que decidimos debuxar un retrato de Rosalía.


E marchamos para casa coas NOSAS PIRULETIÑAS DE... ROSALÍA para xogar con ela como marioneta este fin de semana e...



...e a CANCIÓN CON XESTOS DE MIGALLAS PARA CANTAR!!!




REMATEI O PUZZLE...CAMBIO DE ESTACIÓN!!!

Gústanos moito facer puzzles. Son de 20 pezas pero xa hai moitos que os fan a unha velocidade incrible, por iso, hoxe fixemos estacións. 





A medida que remtaban o puzzle, volvían desfacelo, gardalo na caixa e cambiaban de sitio por un que estivera libre.





E así estivemos cambiando de estacións, facendo novos puzzles, superando retos e tocou merendar que xa eran horas.


....e xurde un gran cariño..


...que traspasa mesas,jejej.



PEIXIÑOS DE CORES

Como cada mércores, traballamos arredor do proxecto. Hoxe un peixiño "Glú, Glú" apareceu na aula. De que mar sería?  Certo é que n...