mércores, 25 de febreiro de 2026

XOGAMOS Ó BINGO COS NÚMEROS

Os números vólvenos tolos pero son TAN DIVERTIDOS!!! Hoxe imos xogar con eles gracias ó bingo!


Sentámonos por parellas como quixemos, no sitios que preferiamos e, preparamos os rotuladores para marcar os números que vaian saíndo. A mestra Carlota era a encargada de sacar as bolas dos números e dicilos en alto e, a mestra María, de anotalos na pizarra.


Todo listo e preparado...IMOS ALÓ!


Tivemos que estar moi atentos, fixarnos ben e tachar ou rodear os números do noso "cartón", alternándose cada membro da parella.




Despois do tempo de xogo, empezaron a escoitarse, pouco a pouco, OS BINGOS!!!

1ª PARELLA 


2ª PARELLA 


3ª PARELLA 


4ª PARELLA 


5ª PARELLA 

DÚAS 6ª PARELLAS


7ª PARELLA 

Que ben o pasamos!!!


luns, 23 de febreiro de 2026

TANGRAM E A METODOLOXÍA STEAM

O tangram é un recurso manipulativo moi completo para traballar na etapa de Educación Infantil e reforzar a metodoloxía STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) dun xeito lúdico e motivador.


A través das súas sete pezas xeométricas, as nenas e nenos experimentan coa composición e descomposición de formas, desenvolvendo o pensamento lóxico-matemático (Matemáticas) e explorando conceptos como tamaño, simetría e orientación no espazo (Ciencia). Ao intentar construír figuras, poñen en práctica a resolución de problemas e o razoamento (Enxeñaría), probando diferentes hipóteses ata atopar a solución.

Ademais, o tangram potencia a creatividade e a expresión artística (Arte), xa que permite crear animais, persoas ou obxectos a partir das mesmas pezas. Se incorporamos retos dixitais ou propostas interactivas, tamén podemos introducir a dimensión tecnolóxica (Tecnoloxía).

En definitiva, o tangram é unha ferramenta sinxela pero moi potente para fomentar a aprendizaxe activa, o pensamento crítico e a autonomía desde idades temperás, integrando as distintas áreas STEAM dun xeito natural e significativo.








OBRADOIRO DE INTELIXENCIA EMOCIONAL : Nova sesión

Nesta nova sesión falamos dos nenos e nenas que non teñen as extremidades inferiores, as pernas, ou que non as poden mover. ¿Como se desprazan? ¿será sinxelo ou difícil facer as cousas? 

Nada mellor que poñernos a proba! No ximnasio había pompas de cores, unhas con peixes e outras con comida para os peixes (pelotas). 



Tiñan que colocarse no medio das dúas pompas e deben darlle de comer ós peixes pero, se non lle chegan, deben desprazarse sen mover as pernas. Poden mover as mans, os brazos, o tronco...PERO AS PERNAS NON!

¿Queredes ver un pequeniño vídeo da sesión?

Tras esto, coma sempre, facemos unha asamblea, unha posta en común do que sentimos, da dificultade, do cansado que resulta...e xurdiron novas preguntas por parte dos peques: qué pasa se queren coller algunha cousa que está nun lugar alto e non lle chega?

venres, 20 de febreiro de 2026

OBRADOIRO DE INTELIXENCIAS EMOCIONAIS

 No noso colexio entendemos que educar non é só transmitir coñecementos académicos, senón tamén acompañar o crecemento persoal do alumnado. Tal e como explicou o psicólogo Daniel Goleman, a intelixencia emocional é clave para o benestar e o éxito na vida.

As intelixencias emocionais axúdannos a identificar, comprender e xestionar as nosas propias emocións. Cando un neno ou nena aprende a poñerlle nome ao que sente —alegría, medo, frustración ou ilusión— está dando o primeiro paso para coñecerse mellor e actuar con equilibrio.

Pero a educación emocional non remata en nós mesmos. A través das nosas propias experiencias e vivencias, aprendemos tamén a recoñecer as emocións e sentimentos alleos. Aquí entra en xogo a empatía, esa capacidade de poñerse no lugar do outro, comprender como se sente e actuar con respecto e agarimo.

Fomentar o respecto, a colaboración e o agarimo nas aulas crea un ambiente seguro e positivo onde cada persoa se sente valorada. Cando o alumnado aprende a escoitar, compartir e traballar en equipo, está a construír habilidades sociais fundamentais para o presente e o futuro.

Os de 5 anos estamos levando a cabo sesións semanais disfrutando, coa mestra-alumna de prácticas (Carlota) de actividades de concienciación, onde traballamos o que sentimos para entender o que sinten os demáis.

Hoxe centrámonos nos nenos e nenas ós que lle falta algunha extremidade. Visualizamos primeiro unha curtametraxe sen comentar nada previamente.  Observación:

Despois, no ximnasio, comentamos a curtametraxe brevemente e cada un debía escoller se quería debuxar e escribir o e seu nome coa boca ou coa pés.

A maioría preferiu cos pés ...



...pero...


...cos pés, polo visto, cansa moito e prefiren pintar coa boca.








Finalizamos con unha posta en común e, aínda que foi una sesión divertida, comprenderon as dificultades que outras persoas teñen e como lles inflúe noutras aspectos da vida, non só debuxando cos rotulares.

Educar nas emocións é educar para a vida. Porque un colexio que coida as emocións está a formar persoas máis conscientes, solidarias e felices.

xoves, 19 de febreiro de 2026

O LORO RAVACHOL ENCHE TODO DE COR E RISAS

Contamos novamente a historia do Loro Ravachol e voltamos rir coas frases que dicía este loriño tan peculiar. 

Como estamos facendo sesións de ILUSTRACIÓN, aproveitamos para crear os noso debuxos.

 

Aínda que o verdadero loro era gris, nós preferimos encher de cor as súas plumas. 

MIRADE QUE PRECIOSIDADES!












Como estamos no entroido e as comparsas soen levar gorros espectaculares, fixemos os nosos con cartuliñas, plumas e MOITÍSIMA COR para compartir alegría!!!

E así de guapos lucimos !!!






PLANTACIÓN DE CACTUS POR PRIMAVERA

Hoxe na nosa aula vivimos unha xornada moi especial: convertémonos en pequenos xardineiros e xardineiras! Aproveitando que xa está aquí a pr...