venres, 25 de abril de 2025

OS GUSANIÑOS DE SEDA COMEZAN A SÚA TRANSFORMACIÓN E ALGÚNS MUDAN DE CASA

 Xa sabedes que chegou a primavera e tamén os gusaniños de seda que estivemos coidando na clase desde que eran uns oviños pequerrechiños. Primeiro eran uns gusaniños e, tanto lle demos de comer, que medraron moitísimo!


Son tan comilóns, que devoran as follas da morera. Por soamente comen follas desa árbore que, xustamente, temos no colexio pola zona das escaleiras da parte de atrás. Así que fomos buscar máis!!!

Levámolas a caixa chea de folliñas para esta fin de semana e que non pasen fame. Ademáis, algúns xa están preparados para dar un paso máis e xa formaron o capulliño para estar un tempiño tranquilos e así convertirse en bolboretas!


Como xa son moitos, algunhas familias ADOPTARON a 3-4 e esta fin de semana mudan para as súas casiñas.



CONCURSO "DESEÑA A TÚA XOIA" (DÍA DA NAI)

 Lembrades o concurso promovido polo Colexio de Xoieiros de Galicia "DESEÑA A TÚA XOIA" no que participamos? Fixeramos un artigo no que puxemos as fotos dos nosos deseñadores e as súas obras (podedes velo pinchando NESTE ENLACE)

Pois recibimos a gran noticia de que 2 nenos da nosa aula son FINALISTAS na categoría de 5º Educación Infantil - 4 anos!!!!!

Mañá teñen un acto en Santiago de Compostela no que acudirán xunto as súas familias e alí saberán que será o GAÑADOR ou GAÑADORA de 4 anos de Galicia...

MOITÍSIMA SORTE, PARRULIÑOS!!!!

mércores, 23 de abril de 2025

DIA DO LIBRO 2025

Hoxe é o DÍA DO LIBRO, o marabilloso día que tanto nos gusta porque, en cada libro, hai unha aventura, historias fascinantes e divertidas que tanto nos fan imaxinar. 

A paixón pola lectura comeza desde moi pequenos e debemos fomentar a súa continuación na vida adulta: amplía o vocabulario, non hai erros ortográficos, amplías coñecementos, melloran a comprensión,...

Este ano elaboramos un mural na cortiza do corredor, xunto a clase, na que elaboramos unha árbore coa que darnos sombra mentres lemos , unha árbore que medra e coa frase "SE SEMENTAS A LECTURA, DESCUBRIRÁS MARABILLAS NUN ABRIR E PECHAR DE ¨FOLLAS".


Un traballo que nos levou moitas sesións de coloreado, recortado, pegado...pata sesión de fotos incluída pero MIRADE QUE PRECIOSIDADES!!










Tamén trouxemos contos , os que máis nos gustan, para amosarllos ós nosos compañeiros.. Como son moitos, imos ir contándoos nestes días próximos para que todos poidan facer de contacontos cos compañeiros.










Tamén algúns participaronb na actividade proposta pola Rufiteca do noso cole coa elaboración das cintas de cores co título dos contos ou as frases deles que máis nos gustan. 



Podedes ver as cintas na ebtrada do noso cole quedando super linda.



Para rematar, dado que estamos na primaveira e adoramos ler libros grandes, fixemos uns marcapáxinas de abellas e os decoramos como grandes artistas. "LEDE E VOADE"!!!!!



"LEDE E VOADE"!!!!!





venres, 11 de abril de 2025

BÚSQUEDA DOS OVOS DE PASCUA 2025

 Chegou o día desexado, o día do chocolate, o día máis doce e onde hai moito xogo!!! Os de 4 anos atoparon na clase, nada máis chegar, unha bolsiña cun coelliño debuxado. Quen a traería? Todos os de 4 anos, e os das outras aulas, estaban apurando o feito de quitar abrigos e poñer os mandilóns porque a aventura ía comezar en calquer momento.

Despois de intentar averiguar que había na bolsa porque non abultaba nada, descubrimos que había anacos de ovos de pascua de cores. E lembrando, lembrando...os de 4 e 5 anos, os veteranos, decatáronse que seguro que o Coello de Pascua os agachara nalgures. Seria no ximnasio como o curso pasado? Tamén podería ser na Rufiteca, non si?


Pero desto, chegou a profe Tanya, e comentou que vira movemento no patio de infantil pero que non puido vere quen andaba por aí!

De seguro que é aí onde os agochou!! Por turnos, marchamos ó patio: primero os de 4 anos, despois os de 5 anos e, por último, os de 3 anos que este curso se estrean como os rescatadores de ovos!!!





NA CLASE DE 4 ANOS, atoparon á volta do patio unha cesta con bolsiñas cheas de cousas pero cunhas tarxetas con debuxos xunto cunha bolsa de coello azul. Como xa están aprendendo a ler, tiveron que ir metendo a man na bolsa, sacar ó chou unha tarxeta e lela. Cando a leran, debían adiviñar a PALABRA que poñía e descubrir a bolsa que tiña a tarxeta co debuxo desa palabra. 


Pensades que non foron capaces? Pois estades moi equivocados porque o acertaron todos sen axuda!






A modo de resumen, grabamos un pequeno vídeo da aventura da BÚSQUEDA (dura uns 8 min, así que, se queredes, podedes ver o que, máis ou menos, fixemos as 3 aulas). Por certo, houbo algún que outro ovo que estaba tan ben agochado que non o daban atopado...jejej)


Na clase sempre houbo algún que outro momento de "degustación" de chocolate porque as ansias eran ENORMES!!!


Como remate da xornada fixemos unha sesión de cine na Rufiteca proxectando a peli "Rabbit School: Los guardianes del huevo de oro"



ESTAMOS AGARDANDO QUE CHEGUE A PRÓXIMA PASCUA 2026!!!



PEIXIÑOS DE CORES

Como cada mércores, traballamos arredor do proxecto. Hoxe un peixiño "Glú, Glú" apareceu na aula. De que mar sería?  Certo é que n...