mércores, 18 de marzo de 2026

PLANTACIÓN DE CACTUS POR PRIMAVERA

Hoxe na nosa aula vivimos unha xornada moi especial: convertémonos en pequenos xardineiros e xardineiras! Aproveitando que xa está aquí a primavera, realizamos un obradoiro moi divertido no que plantamos cactus reutilizando envases de iogur.

Primeiro falamos un pouquiño da primavera, unha estación do ano na que a natureza esperta: as plantas medran, as flores enchen todo de cor e os días son máis longos e luminosos. É un momento perfecto para coidar e observar como medran as plantas.

Falamos dos diferentes tipos de cactus, algúns levan pinchos, os diferentes tamaños,...e desa amplia variedade, nós tiñamos 3 opcións para plantar.




Despois puxémonos mans á obra! Cada neno co seu envase de iogur que reutilizamos como pequena maceta. Enchémolo con terra e plantamos un pequeno cactus. Aprendemos que, aínda que os cactus son plantas especiais que precisan pouca auga, tamén necesitan coidado e atención para medrar sans.

Tamén descubrimos algunhas partes dos cactus:

  • Raíz, que está debaixo da terra e axuda a absorber a auga.

  • Talo, que é a parte grosa e verde onde almacenan a auga.

  • Esquiñas, que protexen a planta e evitan que perda auga.


Falamos das súas características principais: os cactus viven en lugares secos, poden gardar auga durante moito tempo e non precisan regarse moi a miúdo.











Agora deixaremos os nosos cactus na aula para observalos día a día e ver como medran. 


Cando sexan un pouco máis grandes, teremos que transplantalos a macetas máis grandes para que sigan medrando fortes e sans.

Foi unha actividade moi divertida na que aprendemos moito sobre as plantas e o coidado da natureza. Estamos desexando ver como evolucionan os nosos pequenos cactus! 🌵






martes, 17 de marzo de 2026

TRABALLAMOS AO SOL

Despois de tanta choiva temos que aproveitar os momentos ó sol. Así que, na sesión de Aternativa, saímos ó patio a traballar.



QUE BEN SENTOU!!!








Foi tanta a calor que tivemos que poñernos á sombra! 

Tamén aproveitamos estes días para facer picnic e merendar ó sol!




xoves, 12 de marzo de 2026

GRAVACIÓN DO VÍDEO PARA O VIDEOCLIP "ODESSA" (de Uxía Lambona e a Banda Molona)

Hai un tempo vimos esto da banda de música infantil "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA":



Así que puxémonos mans á obra e convertímosnos en INTERMEDIARIOS entre a banda e o alumnado.Pr iso, previamente enviamos a información ás familias para contar coa autorización pertinente e preparamos os accesorios para a cabeza como utilizan os directos os membros da banda.


Desde o colexio gravamos os vídeos dos peques bailando e cantando a canción e, a banda de Uxía Lambona , é a que vai utilizar eses videos, editalos, escoller a parte dos vídeos,...de todos os colexios que lles manden e elaborarán o videoclip con todos eles! 


A nosa parte, que foi a gravación dos vídeos, xa está feita. Hoxe pasámolo xenial bailando "ODESSA", é unha canción súper divertida!


Aquí deixámosvos uns clips dos vídeos nos que bailaron (Cando o videoclip se publique,subiremos estes vídeos na totalidade)


Para rematar, fixemos un último baile todos xuntos! 
FOI XENIAL! 
QUE GANIÑAS DE VER O RESULTADO!



venres, 6 de marzo de 2026

8M - DIA DA MULLER

O 8M, Día Internacional da Muller, é unha data moi especial para lembrar que todas as persoas somos iguais e merecemos as mesmas oportunidades.

Esta celebración ten a súa orixe nas loitas de moitas mulleres valentes que, ao longo da historia, pediron poder estudar, traballar e participar na sociedade nas mesmas condicións ca os homes. Grazas a elas, hoxe vivimos nun mundo máis xusto, aínda que seguimos traballando para que a igualdade sexa real en todos os lugares.

No cole, o 8M é unha oportunidade para falar coas nenas e os nenos sobre o respecto, a amizade e a importancia de compartir xogos, soños e responsabilidades sen diferenzas. Porque non hai cores, profesións nin xogos “de nenas” ou “de nenos”: todo é para todas e todos.

Para iso, traballamos unha poesía que recitamos e lle puxemos un toque audiovisual que agardamos que vos guste:


Tamén elaboramos unhas flores moi especiais creadas coas nosas mans, mans que axudan, que tenden unha man a quen o precisa, que abrazan, que aloumiñan...mans violetas cheas de amor que florecen en todas partes.



 Celebrar o 8M é aprender a coidarnos, a valorarnos e a construír xuntas e xuntos un mundo mellor, máis igualitario e cheo de oportunidades. 💜

mércores, 25 de febreiro de 2026

XOGAMOS Ó BINGO COS NÚMEROS

Os números vólvenos tolos pero son TAN DIVERTIDOS!!! Hoxe imos xogar con eles gracias ó bingo!


Sentámonos por parellas como quixemos, no sitios que preferiamos e, preparamos os rotuladores para marcar os números que vaian saíndo. A mestra Carlota era a encargada de sacar as bolas dos números e dicilos en alto e, a mestra María, de anotalos na pizarra.


Todo listo e preparado...IMOS ALÓ!


Tivemos que estar moi atentos, fixarnos ben e tachar ou rodear os números do noso "cartón", alternándose cada membro da parella.




Despois do tempo de xogo, empezaron a escoitarse, pouco a pouco, OS BINGOS!!!

1ª PARELLA 


2ª PARELLA 


3ª PARELLA 


4ª PARELLA 


5ª PARELLA 

DÚAS 6ª PARELLAS


7ª PARELLA 

Que ben o pasamos!!!


PLANTACIÓN DE CACTUS POR PRIMAVERA

Hoxe na nosa aula vivimos unha xornada moi especial: convertémonos en pequenos xardineiros e xardineiras! Aproveitando que xa está aquí a pr...