luns, 29 de setembro de 2025

A PRIMEIRA SORPRESA DE RUFIÑO!

 Hoxe estabamos tranquilamente xogando na aula cando escoitamos que petaban na porta. Non fixemos caso e, ó rato, petaron moitísimo máis forte que ata nos asustamos!!!!! Entón paramos e abrimos a porta coa profe e, sabedes que atopamos?

UN GLOBO CUNHA MENSAXE!!!! 

FORA RUFIÑO!!!


Que habería escrito no papel?


Pantalla máxica? Que sería a pantalla máxica?

AH!!!! A NOSA PANTALLA DIXITAL!!! A QUE É COMO UNHA TELE!!

Así que buscamos na pantalla, no seu escritorio, no correo electrónico...

e alí atopamos un correo coa mensaxe!!!


Eiquí compartimos o vídeo que nos mandou ó correo electrónico:

Así que, vaise abrir a Rufiteca e, a partir da semana que ven, poderemos ir buscar os nosos contos de préstamo coas bolsiñas!!! Estamos MOI CONTENTOS!!!!








mércores, 24 de setembro de 2025

UNHA XORNADA VENDIMIANDO

 Chegou o día de ir vendimiar. Alá marchamos a unha finca preto do cole cos nosos mandilóns para non mancharnos, as tesoiras e os nosos cubos.

Andivemos un pouco e tivemos que pasar por debaixo dunha ponte...UN SÚPER TÚNEL!

Despois dun anaco, chegamos. A finca estaba chea de parras con uvas listas para vendimiar. 

CHEGOU O MOMENTO DE TRABALLAR!







E podedes ver un pequeniño vídeo en movemento pinchando na imaxe de abaixo.


E a xornada foi estupenda con todos os nosos cubos cheos.


Unha pequena parada para facer un pequeno repaso e tirar as uvas secas (pero un pouquiño porque tiñamos fame e decidimos comer as boas antes que tirar as malas,jajaja)


De camino ó cole, pasamos polo noso túnel favorito onde BERRAMOS MOOOOITO!!!!
 Comprobádeo no vídeo.



Para ver todas as fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.

Despois de lavar as mans, merendar, xogar e recobrar forzas, plasmamos nun debuxo a nosa xornada vendimiando. Mirade que bonitos!!!


















UN DIA FANTÁSTICO!






mércores, 17 de setembro de 2025

PEIXIÑOS DE CORES

Como cada mércores, traballamos arredor do proxecto. Hoxe un peixiño "Glú, Glú" apareceu na aula. De que mar sería? 


Certo é que non en ollos, nin cores, nin escamas...que raro, non? Pois imos encher de cor os nosos peixiños. Pinceis, auga, acuarelas e...A DISFRUTAR!!!!!



Música para concentrarnos, conversamos cos compañeiros e disfrutamos creando.







Ó peixiño quédanlle moitas cousas por engadir pero, mentres, están coloridos. Pinchade na imaxe de abaixo e veredes un pequeno vídeo do ben qe se portaron e o moito que disfrutaron.


Agora deben secar, pintar polo outro lado e, despois, poñerlle complementos.

venres, 12 de setembro de 2025

AS OLAS DO MAR

 Estamos falando dos peixiños, de como son e, hoxe falamos de como se desprazan. Nadan por augas que están en constante movenento. Augas onde hai olas, as veces con máis calma e, outras veces, creando unha oleaxe potente.

Así que elaboramos as olas de mar con rotuladores, grandes e pequenas, en calma e "furiosas" para que, o noso peixiño, puidese nadar nelas.



















ELABORAMOS MOMIAS CON PAPEL

Seguindo coa temática do Samaín, chegou o turno das momias. Así que con cartuliñas, folios, pegamento, tesoiras e moita imaxinación, divertí...