mércores, 28 de maio de 2025

IMOS DE PICNIC!

 Como chega o bo tempo e non fai un calorazo insoportable, decidimos ir merednar o noso patio. Ó chegar a hora, collimos as nosas mochilas e as viseiras e...PUXEMOS RUMBO A FACER UN PICNIC!












Tamén se apuntaron os compañeiros de 3 e 5 anos. Pero hoxe, tamén facía bo e esto do picnic gusta así que...HOXE REPETIMOS!!!...e cremos que se vai repetir moitas veces máis ata final de curso (e sempre que non queme o sol).





PREPARAMOS TODO PARA O CORRELINGUA

 Este ano imos acudir ó Correlingua!! (máis info: https://correlingua.gal/).


Creo que nos vai a acompañar o bo tempo e, a parte de ter que preparar as mochilas, as botellas de auga, a merenda...tamén preparamos os nosos dorsais para pegar nas camisetas.

Nos dorsais puxemos unha palabra en galego, a que nós prefiramos e máis nos guste. Despois ilustramos esa palabra e enchémola de cor e MIRADE QUE PRECIOSOS DORSAIS CREAMOS!!!









Así que agora estamos desexando que chegue mañá para poñernos rumbo a un día moi divertido e especial, onde compartiremos con máis colexios este de día de CORRELINGUA!!! 



venres, 23 de maio de 2025

OBRADOIRO EN FAMILIA: MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

Nerea levaba tempo traendo a súa pandeireta que tanto lle gusta tocar e que tanto domina. Falando e falando, acordamos que podía levar a cabo un obradoiro coa súa familia dado que son uns grandes artistas da música tradicional galega,.

Polo que hoxe foi o día! Marchamos ó ximnasio pero non sabiamos quen ía vir xa que a profe non dixera nada...así que estabamos moi emocionados! QUEN ÍA ENTRAR POLA PORTA?

POIS A FAMILIA DE NEREA!!!! 


Amosáronnos os instrumentos e tocaron cancións coas que lles acompañamos.


Tamén nos repartiron cunchas de vieiras e de zamburiñas para que tocaramos xunto con eles e poder participar tocando música galega tradicional.



Amosáronnos o pandeiro, o bombo, o tambor, as pandeiretas...





E despois tamén puidemos tocar, se queriamos, o instrumento que máis nos gustara...ou todos!


Foi unha xornada marabillosa e moi divertida!


Despois marchamos a clase a decorar as cunchas como máis nos guste para facer que sexan únicas!
E despois levalas a casa para cantar e acompañarnos mentres facemos música con elas.









Gran obradoiro e pedazo familia!!! Moitísimas gracias por vir a facernos disfrutar tanto!


mércores, 21 de maio de 2025

CREAMOS UN XARDÍN PARA AS BOLBORETAS

 Como estamos en primavera, cambiamos a nosa cortiza da aula. Decidimos facer flores e bolboretas, así que...TESOIRAS EN MARCHA, PEGAMENTOS EN ACCIÓN, TÉMPERAS EN MOVEMENTO E SESIÓN DE FOTOS...e fixemos esta monería de mural nós sos!!!



martes, 20 de maio de 2025

PRIMEIRAS LECTURAS CON MAIÚSCULAS

Hai uns días preguntábanme por se había máis libros para iniciarse na lectura. Contiños con letra maiúscula que sexa adecuada para primeirísimos lectores que pidan ler unha letra cada día. Pois eiquí vós deixo algúns que hai no mercado.

Lembrade que son para 5-6 años, pero hai moitos que, na nosa aula, están moi motivados e poderían ler sen problema PERO HAI QUE TER EN CONTA que , o feito de ler 1 páxina (ten 6-8 palabras) xa é un súper esforzo (polo que, ler unha páxina soamente, xa é bastante).

Me consta que hai uns xa súper fans da “ESCUELA DE MONSTRUOS” . Na biblio do cole hai deste s exemplares e dos de “El dragón de la letras” y “El unicornio de las letras”.

Por se é do voso interese, eiquí tedes.










PEIXIÑOS DE CORES

Como cada mércores, traballamos arredor do proxecto. Hoxe un peixiño "Glú, Glú" apareceu na aula. De que mar sería?  Certo é que n...