venres, 27 de setembro de 2024

UNHA MENSAXE SORPRESA DE RUFIÑO DESDE A RUFITECA

Cando chegamos do recreo, estabamos na clase relaxándonos, bebendo auga e, de súpeto, escoitamos que petaban na porta MOI FORTE. Levamos un susto!!! Miña nai! Quedamos en silencio, mirándonos uns ós outros porque non sabiamos que pasara.Entónm noi a modiño, abrimos a porta e mirade qué atopamos no chan!!!

Algén deixara un globo amarelo no chan cunha nota!


Tiñamos que abrilo para ver que era esa mensaxe.! Nada máis abriña descubrimos que era de Rufiño!!!


Dicía que debiamos buscar na pantalla a mensaxe pero estaba apagada e alí non había nada. Entón acendémola e tampouco había nada...así que ocorréusenos mirar no correo electrónico e...
ALÍ ESTABA UN MAIL DE RUFIÑO!!! MIRADE QUE NOS MANDOU!


Así que, a partir da semana que ven, XA SE PODE IR Á RUFITECA!!! 
O mércores xa comezamos co préstamo de libros!!!

PROXECTO ALUCINE: A CLAQUETA E O CINE MUDO.

Comezamos o PROXECTO ALUCINE coñecendo un obxeto moi importante que é a CLAQUETA.


É un obxeto fundamental que comenzou no cine mudo tanto para sinalar as esceas e tomas de rodaxe e así poder ordealas, como para sincronizar voz e son. 

A claqueta ten forma cadrada e hai de varios estilos: brancas e negras ou con cores.  Hainas que se escriben con xiz, con rotulares borrables ou XA HAI DIXITAIS!!! Esas molan moito!

Así que, aproveitamos para pintar unha cartuliña coas cores do outono como estivemos falando o día anterior (verde, amarelo, laranxa, marrón, vermello) e decoramos unha claqueta àra logo recortala cada un so e pegala neste fondo. 


Aproveitamos para axudar á mestra a escribir a palabra CLAQUETA na pizarra branca. Ela dicía a palabra e nos axudábamoslle dicíndolle a letra que tocaba escribir. É MOI DIVERTIDO! Despois, aproveitamos para copiar a palabra nas nosas claquetas.

MIRADE QUE CHULAS QUEDARON!!!

Antes xusto da rodaxe, xustamente cando van grabar as cámaras,  mandan silencio previamente, que todos estean en silencio e o encargado da claqueta di:

"PREVENIDOS...CINCO...E ACCIÓN!" 

E cxusto ó dicir ACCIÓN, golpeamos a peza da claqueta. 

Que tal se practicamos nós como claquetistas?

Facemos un repaso todos xuntos?

E como é venres e, os venres, centrámonos moito máis no proxecto de cine, comezamos co cine mudo, unhas películas en branco e negro e os actores non falan, so actúan, pero hai un acompañamento de música que acompaña as esceas. Para comprobalo, empezamos a ver a película de Charles Chaplin "O NENO":

Como no nos deu tempo a acabala, seguiremos o próximo día onde tamén falaremos deste actor tan coñecido e importante no noso cine.

mércores, 25 de setembro de 2024

SAÍDA ESCOLAR: A BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO

Hoxe nin o tempo nin a chuvia ían apagar a nosa ilusión porque iamos de excursión a Pontevedra, concretamente ó Pazo da Cultura para disfrutar da Banda de música de Salcedo. Así que, ben abrigadiños cos nosos chubasqueiros, subimos ó autobús coas nosas parellas.







Nada máis chegar, baixamos do bus e entramos no pazo. 

Tivemos un sitio xenial para ver e disfrutar do que ía pasar no escenario.

Estabamos todos os do noso cole xuntiños e disfrutando da música,.


Presentáronnos cada instrumento, como soaba, a que familia pertencía e, ...


...inevitablemente, non puidemos resistirnos e nos deixamos levar pola música.


Ó remtar NON CHOVÍA! Que boa sorte tivemos! Estabamos contentísimos porque o pasáramos moi ben. Agora tocaba voltar o cole e divertirnos un pouco do recreo e dos recunchos.

Tamén nos deron un folleto por se queremos aprender a tocar un instrumento na súa escola e pertencer á banda.



venres, 20 de setembro de 2024

LEMBRAMOS A GRAFÍA DOS NÚMEROS 1 E 2

 Nestes  primeiros día de setembro estamos tamén lembrando aprendizaxes do curso pasado como a contar, recoñecer números e a facer a grafía do 1 e do 2. Queda pendente o 3 para a próxima semana.


Números de cores, brillantes e moi xoguetones!! 
Somos tan maiores que xa imos dominando moitísimas cousas e temos gañas de aprender máis!





PROXECTO "ALUCINE": SAÍDA ESCOLAR Ó FICBUEU

Emocionados non...o seguinte!!! Onte tivemos a nosa primeira saída e nada máis e nada menos que ó FICBUEU (Festival Internacional de Curtametraxes)!!!


Cando chegamos alí fixéronnos unha foto no PHOTOCALL tan chulo que tiñan. Dividíronnos en ciclos polo que, os de infantil e primaria, estabamos en turnos distintos.


Dentro do auditorio estabamos nun lugar estupendo onde a visión era marabillosa. Portámonos xenial porque nos gustaba moitísimo a experiencia.


Proxectáronnos 5 curtametraxes e , a verdade, non sabiamos cal escoller porque había unha que nos emocionaba no corazón, outra que nos fixo rir,...e outra na que descubrimos que "non había unha estrela de mar, senón que saía Patricio nela"!!jajaja.


Tras as esto, fixemos unha visita ó baño e despois a merendar a un parque preto. 



Tiñamos moitísima fame!!!


E comimos moi rápido para...


IR XOGAR!!!






Hai moitas máis fotos no ALBUM DE SETEMBRO 2024.

Hoxe rematamos esta experiencia facendo unhas actividades que nos mandaron desde FICBUEU moi divertidas e, por turnos, TOCOU VOTAR SE NOS GUSTARON OU NON as curtas!!!
(Cremos que foi un éxito brutal)
















martes, 17 de setembro de 2024

NOVAS BOLSAS DE CORES PARA USAR NA BIBLIOTECA

Hoxe chegamos a clase e había un paquete marrón. Non sabiamos que era: era grande, de forma cadrada, pesaba un pouquiño...así que mellor abrilo! 

ERAN AS BOLSAS DE CORES PARA A RUFITECA!!!!!

Agora temos bolsas novas para o préstamo de contos na nosa biblioteca! Que chulas!


Como as bolsas non teñen debuxos, qué tal se as decoramos? Pois tivemos a sorpresa de que a nai da profe agasallounos con moitos chaveiros pulpos de crochet e, por turnos, escollimos os que máis nos gustaron! (con ollos de seguridade, así que non hai perigo)


Tras esto, elaboramos as nosas etiquetas, enchémolas de cor, plastificámolas para que non se estropeen e grampámolas na bolsiñas e así que saber cal é a nosa.


Estamos encantados coas nosas bolsiñas de cores e os nosos adornos!!


E, para rematar, realizamos unha manualidade na que tiñamos que encher de cor unhas flores calcando moito para que brillen, picar arredor para que se separe da folla e, por último, demostrar a nosa destreza coa tesoira e recortar os pétalos! Finalizamos poñénlles os talos con pauciños de brochetas!

CANTA COR NA AULA!!!









venres, 13 de setembro de 2024

ESTAMOS NA AULA DE 4 ANOS!! PRIMEIROS DÍAS SUPERADOS!!!

Nestes primeiros días de curso comentamos como foi o noso verán, xogamos e pintamos. 




Quixemos elaborar a nosa propia coroa de coellos como benvida a nova aula. Así que mans á obra!!!





Mirade qué bonitas quedaron!!!

Agora toca o momento de foto de grupo. Mirade que guapos e guapas todos e todas!!!!


E, como non, TOCA A NOSA FOTO DE RISAS!!! LINGUAS FÓRA!!!



UNHA MENSAXE SORPRESA DE RUFIÑO DESDE A RUFITECA

Cando chegamos do recreo, estabamos na clase relaxándonos, bebendo auga e, de súpeto, escoitamos que petaban na porta MOI FORTE. Levamos un ...