Finalizamos o curso Cunha “viaxe” no tempo onde coñecimos ós nosos antepasados, saberiades recoñecer o voso “familiar”?
venres, 21 de xuño de 2024
martes, 18 de xuño de 2024
EXPOSICIÓN ORAL JULIA: "AS PIRÁMIDES"
Hoxe rematamos o proxecto de Exipto con Julia e a súa nai que, por determinados motivos, tívose que atrasar. As pirámides, a temática máis importante coa que iniciamos o proxecto, foi a mesma coa que o finalizamos.
E, para rematar, coloreamos as pirámides que nos trouxo de marrón, como a area,...pero tamén de coloríns porque nos molan moito as cores!!!!!!jejej
luns, 10 de xuño de 2024
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO: KIRIKO
O venres foi o mellor día!!! O día que estabamos agardando e disfrutamos da excursión de fin de curso na Granxa-Escola Kiriko. Nada máis chegar, sentámonos no cenador exterior.
Alí explicáronnos as cousas máis importantes que debiamos saber sobre os animais e o coidado do bosque.
Despois puxemos rumbo ó bosque, adentrándonos entre as árbores. Descubrimos moios obxetos divertidos.
Despois baixamos polo camiño cara outro bosque e, por alí, atopamos uns burros moi agarimosos.
E andando, andando...había un cabalo e unha iegua!!!!
O cabalo era tan bo que nos deixou tocalo e montar nel.
Camiñando, camiñando...descubrimos unha árbore enorme desde onde se podía ver un "dinosaurio durmindo!!!!
E tamén Breogán atopou o seu ADORADO TRACTOR!!! Canto lle gustan!!!
Entramos nun establo onde había unha vaca "moi mansa". Con ela puidemos aprender a ordeñala e, cada un, foi ordeñando (aínda que saía auga).
Seguimos por toda a granxa visitando ós animais (galiñas, galos, cabras, pavos, pavos reais...)
E chegou o momento de comer. TIÑAMOS MOITA HAMBRE!!!
Ó rematar, xogamos un pouco no parque.
Mentres os profes comían, aproveitamos para facer un obradoiro de plantación e, despois, lavamos as mans e marchamos facer galletas!!!!! RICAS RICAS!!!
Collimos o autobús e...RUMBO Ó COLE!!!
MÁIS FOTOS, NO ALBUM DE XUÑO!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
PEIXIÑOS DE CORES
Como cada mércores, traballamos arredor do proxecto. Hoxe un peixiño "Glú, Glú" apareceu na aula. De que mar sería? Certo é que n...
-
Un dos contos por excelencia do Samaín é o de "Corre, corre, cabaciña" da Ed. Oqo. Despois de lerlles o conto e de dramatizalo coa...
-
Hoxe luns, comezamos o curso escolar e nos estamos no periodo de adaptación. Mestura de nervios e ilusión. Moitas gañas de comezar!!! Os peq...
-
Hoxe foi o día MÁIS DESEXADO DESTE TRIMESTRE!!!! Cantos nervos tiñamos e miragre que non houbera "escapadiñas de pis" porque a emo...