Achégase o Día das Letras Galegas e estamos traballando cancións populares, cancións de tabernas que tanto coñecemos e que queremos que os máis pequenos canten. Ó ciclo de infantil tocounos esta, recoñecédela? a que con so mirar a imaxe xa a estades cantando?
martes, 30 de abril de 2024
CANTAMOS XUNTOS?
xoves, 25 de abril de 2024
FLORES DE PAPEL RECICLADO
Despois dunhas sesións elaborando por turnos as nosas flores de papel, levámolas para decorar na casa!!!
martes, 23 de abril de 2024
DÍA DO LIBRO 2024
Chegou o día máis desexado porque é O DÍA DO LIBRO!!!! Canto nos gustan os contos!! Moitísimo e, por iso, trouxemos o noso conto preferido a clase.
Despois, un por un, fomos contándolles ós nosos compañeiros como se titulaba, de que trataba e a razón de que nos gustaba tanto aínda que, a resposta a esta última pregunta era en todos os casos...
...PORQUE SI! jajaja
Despois, o que fixemos, foi reproducir a portada dos nosos libros así que puxéronse mans á obra. Lápices, cores e un anaco de papel...
E así quedaron de preciosos os seus carteis para este día que temos exposto na nosa cortiza de aula.
Para rematar a xornada, tres nenos de 3º EP viñeron facer unha sesión de contacontos na nosa aula despois do recreo, durante o Plan Lector.
OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL
Despois dunha sesión de fotos moi divertida, elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...
-
Un dos contos por excelencia do Samaín é o de "Corre, corre, cabaciña" da Ed. Oqo. Despois de lerlles o conto e de dramatizalo coa...
-
Hoxe foi o día MÁIS DESEXADO DESTE TRIMESTRE!!!! Cantos nervos tiñamos e miragre que non houbera "escapadiñas de pis" porque a emo...
-
Hoxe luns, comezamos o curso escolar e nos estamos no periodo de adaptación. Mestura de nervios e ilusión. Moitas gañas de comezar!!! Os peq...
