xoves, 30 de xaneiro de 2025

DÍA DA PAZ 2025: Poesía "UN MUNDO DE CORES"

Para conmemorar o Día da Paz, este ano creamos un pequeno vídeo os nenos e as nenas de 5º e 6º EI. 

Queremos un mundo de sorrisos, de cores, de alegría, onde admitamos a pluralidade e a ledicia nas nosas vidas. Por iso, creamos UN MUNDO DE CORES o nos redor e, coa axuda da IA, inventamos os nosos fondos para o vídeo. 

As cores fan que riamos, que esteamos de bo humor, que todo o que nos rodea é bonito porque queremos deixar atrás as cousas feas. Bonita é a nosa amizade, bonitas son as nosas risas xogando no patio, bonitos son os debuxos que coloreamos na aula,...e bonito é o vídeo que fixemos para compartir.

"A paz é alegría, 

alegres os amores, 

amores son os amigos

nun mundo de cores."

Agardamos que vos guste o nos pequeno traballiño para o Día da Paz.



Elaboramos, xunto co resto de compañeiros do colexio, unha medalla pola PAZ que personalizamos os de 4 anos, por detrás, coa frase "3,2,1...paz!".



Despois do recreo, reunímosnos todos no patio cuberto para ler manifestos de paz, falar das películas que nos aportan valores e para cantar xuntos a canción "EL CIELO NUNCA CAMBIARÁ", de Melendi.


Ó rematar, quedamos un anaquiño máis bailando...


Se queredes, podedes ver máis fotos no seguinte enlace (que irase actualizando pouco a pouco): ALBUM -: PAZ 2025



luns, 27 de xaneiro de 2025

CANCIÓN DÍA DA PAZ

 Neste curso estamos traballando a canción “EL CIELO NUNCA CAMBIARÁ”, de Melendi. En relación ó proxecto deste curso, centrarémonos na película “Como entrenar a tu dragón 3”.

Así que vola deixo por se queren seguir vendoa na e memorizala para disfrutar cantando!!!! 



mércores, 22 de xaneiro de 2025

XOGAMOS COAS TARXETAS DE NÚMEROS

 Toca reforzar os números cun xogo sinxelo pero divertido, manipulando as tarxetas dos números. 

Os números son do 0 ó 9, cos signos "=" e "+" cos que traballaremos máis adiante. Cada un ten as as súas tarxetas de distintos cores, co nome por detrás e coa súa bolsiña para gardalas.


O primeiro que fixemos foi sacar as tarxetas do 1-5.


Repasamos os números na pantalla dixital, escribíndoos en orden entre todos, saíndo por turnos a escribir o que viña despois e...tras este repaso, PUXÉMONOS MÁNS A OBRA XOGANDO que é máis divertido aprender así.


Como proba final, un pouquichiño máis complicada a cousa...


Creo que xa estamos preparados para introducir no xogo os números novos!!!!






martes, 21 de xaneiro de 2025

CONTACONTOS DE ANTÍA E UXUE "O LOBO PAPÓN"

Hoxe Antía e Uxue, de 2º de primaria, viñeron facer de contacontos. ENCÁNTANOS QUE VEÑAN CONTARNOS CONTOS OS COMPIS DE PRIMARIA!


Contaron a historia de "PACO PAPÁN" e foron tan graciosas contándoo, que nos partimos e risa. Ademáis, fixeron unha marioneta do protagonista que facía moitas travesuras.



Ó rematar, mandaron facer 2 filas e lles deron debuxos para colorear.


Fixéronno xenial! Ex alumnas que son unhas "cracks"



domingo, 19 de xaneiro de 2025

CONTOS CLÁSICOS (en castelán)

Eiquí comparto un mural de Symbaloo con varios debuxos clásicos da nosa infancia que, aínda que a calidade audiovisual non é a de hoxe en día, asegúrovos que lles van encantar e quedan prendados.

Tedes o enlace no blog, na columna dereita. Eles poderán acceder de maneira autónoma, sempre a través do noso blog, así como ós xogos, desa maneira se reforza un aspecto da súa destreza dixital.


 

venres, 17 de xaneiro de 2025

BAIXANDO AS ESCALEIRAS DESDE A BIBLIOTECA ÁS NOSAS AULAS

 O alumnado de infantil de 3, 4 e 5 anos, todos os venres acudimos á biblioteca para disfrutar de sesións de contacontos ou proxectar películas. 

Pero despois, cando temos que ir ás respectivas aulas, debemos ter coidado, non berrar e ir ordeadamente porque o alumnado de primaria están dando clase e, nas escaleiras, temos que ir de maneira ordeada e despacio para non caer. ¿Queredes ver que ben o facemos? 

PINCHADE  NA IMAXE

SEGUIMOS AVANZANDO NA LECTURA E ESCRITURA

Hoxe levan "DEBERES" por se queren repasar e reforzar na casa as sílabas que traballamos na aula. Non é obligatorio, eh! Pere, se queren ler, mellor que un adulto estea con eles para que se sintan seguros (as 4 palabras coas sílabas con S aínda as lemos a próxima semana)

Xa van collendo ritmo e encántanlles descubrir o que están a ler e que son capaces de escribir eles sos as súas primeiras palabriñas.


As follas están en branco e negro, pero podedes atopar o arquivo a todo color no blog por se queredes imprimilo ou utilizalo directamente no mobil/tablet...


luns, 13 de xaneiro de 2025

XOGAMOS Ó DOBBLE , RIMOS MOITO E PASÁMOLO XENIAL

 Hoxe, ó rematar o recreo, fomos mirar como medraran as nosas plantiñas. A verdade que medraron unhas pero...


...vemos que algúns animaliños viñeron visitalos antes e déronse un festín polo nadal!! jaja


Despois marchamos a clase, puxemos as zapatilliñas para estar quentiños, bebimos un pouquiño de auga, fomos o baño e... xogamos por equipo ó DOBBLE que nos trouxeron os Reis Magos.

Como algúns non sabían xogar, fixemos unha explicación previa e tamén acordamos a versión coa que iamos xogar (xa que hai variacións).

Así que, dividíronse por equipos, e buscamos un lugar na aula para xogar. IMPORTANTES ESTAS COUSAS:

- Respetar ós demais.

- Poñerse contentos cando acerta un compañeiro.

- Non facer trampas.

- Coidar o material.

- Non tumbarse no chan.

- Deixar ver as cartas a todos os compañeiros.

- Divertirse moito!!!!









venres, 10 de xaneiro de 2025

APRENDEMOS A ESCRIBIR TAMÉN NO ORDENADOR (Breogán)

Como ben sabedes, estamos nun proceso fermoso no respecto á lectoescritura, onde están aprendendo letras, sílabas, aprenden a "ler" e a "escribir" cousas libremente. 

Como sempre digo, é un proceso lindo no que a naturalidade, a flexibilidade e respectar os ritmos é importante. Aprendemos no papel, na pantalla, no ordenador, cos seus nomes, coas palabras que máis lles gusten, presentándo as  letras a as sílabas de maneira separada ou incluída en palabras que ven o escoitan,.. moitas son as cousas que facemos e coas que xogamos mentres aprenden sen decatarse.

Unha das cousas que facemos é escribir no ordenador libremente, sen correxirlles aínda porque queremos PENSAR e, a veces, aínda que estea mal escrita, ten a súa "razón". Como exemplo, amoso a pantalla do encargado de hoxe:


Sodes quen de adiviñar o que escribiu?

Eiquí vos deixo o enlace o pequeniño vídeo que grabei na clase (o son non é bo) pero é un exemplo do que podedes facer tamén na casa se queredes PERO SEMPRE CUN ADULTO O SEU CARÓN e poñendo as letras en maiúsculas.
Hoxe o encargado era Breogán, pero sempre é así con cada encargado e cada un o seu ritmo evolutivo.





O NÚMERO 4 POR TODOS LADOS

Hoxe comezamos co xogo do LINCE que nos trouxeron os Reis Magos. Primeiro xogamos por turnos a sacar tarxetas e localizalas e así aprender unha versión do xogo, simple e sinxela. Temos un cubo onde están metidas todas as mini tarxetas con imaxes variadas, cando era o noso turno, tiñamos que buscar a imaxe no taboleiro e poñer a mini tarxeta enriba.


Agora toca versionar, collemos 4 fichas de cores e xogamos por grupos de 4. Cada neno ten unha cor. Deben estar moi atentos porque a mestra ou un compañeiro saca 1 ficha do cubo e amosa a imaxe que ten. Os 4 rapaces deben estar concentrados e moii atentos, así como de coordinar ben os ollos para localizar esa iamxe no taboleiro e poñer a súa ficha de cor enriba de dita imaxe. O primeiro, gaña...aínda que eiquí gañamos todos porque nolo pasamos xenial!!!


Como no LINCE nos divertíu o xogo de 4, aprendimos e reforzamos a grafía do nº 4 na pizarra dixital, coas cores que máis nos gustaba!!! O 4 semella a letra L cando comezamos a facela! jeje.


Logo contamos cantos número de cada cor había! Quedounos moi colorido!


Aproveitamos para seguir traballando na pantalla, co repaso da ficha de matemáticas que se refería a este número. E, despois, nas nosas mesas, realizamos a actividade de maneira individual,



Os que remataban antes, escribían con un pouquiño de axuda , o nome dunha das froitas que aparece na actividade. Xa sabedes que sen presión porque, restar medo a equivocarse, fai que se sentan máis motivados e avancen máis rápido e de maneira relaxada.

(a algúns non lles deu tempo)








mércores, 8 de xaneiro de 2025

OS AGASALLOS DOS REIS MAGOS PARA OS COELLIÑOS

Chegamos a clase despois do Nadal e apareceunos unha caixa na alfombra para nós!!!! Eran dos Reis Magos e pesaba MOITISIMO!!!


Non sabiamos que habían dentro pero estabamos moi nerviosos. 
Habería xoguetes? roupa? comida? libros?
Unha caixa RECTANGULAR, GRANDE E PESADA 
 que agochaba un AGASALLO ENORME para nós.

Con paciencia, agardamos a ver todas as cousas que ían aparecendo e non paramos de aplaudir e de poñernos máis nerviosos cada vez que a mestra sacaba unha cousa!!

- Plastilina nova para sustituír á vella.
- Pinturas de cores finiñas coma a dos maiores porque xa coloreamos xenial.
- Pinturas de cores dourada e prateada!!!! as que máis nos gustan!
- Paraugas dos reis de chocolate para cada un.
- Acuarelas
- Moitos xogos para xogar en equipo e estimular as nosas neuronas, esas que viven nas nosas cabeciñas e que nos axudan a pensar...


MENUDA PASADA!!! Cousas novas para nós!


Pero, antes de nada, non pudimos resistirnos ás lambonadas que nos deixaron e comimos os paraugas de chocolate (non obedecimos a suxerencia da profe de levalos a casa, jaja)










Debuxamos o noso xoguete favorito e coloreamos os debuxos das follas que nos deixaron os RRMM para que estrenásemos as cores novas!










E rematamos o día xogando nos recunchos e estrenando moitos dos xogos novos que tantas gañas tiñamos de probar! Hai outros dous que imos deixalos para aprender a xogar todos xuntos en equipo grande!!!






QUE GAÑAS TIÑAMOS DE VIR Ó COLE...aínda que custou espertar pola mañá!

Biquiños e FELIZ ANO!!

PEIXIÑOS DE CORES

Como cada mércores, traballamos arredor do proxecto. Hoxe un peixiño "Glú, Glú" apareceu na aula. De que mar sería?  Certo é que n...