mércores, 26 de novembro de 2025

OBRADOIRO DE FAMILIA: CELESTE, LUCAS E A CESTA DE PESCADO

A nai de Lucas, de 5 anos, veu facer un obradoiro en 6º EI en relación co proxecto que estamos traballando no cole de "Mares e Océanos".


Trouxo unha cesta chea de pescados e mariscos para coñecer como son, os seus nomes e as súas carctarísticas.




Aprendemos a desescamar algúns peixes coas ferramentas precisas, a cortarlle aletas,...



...e tamén a quitarlle as tripas que era ASQUEROSIÑO!!! jajaja



Tamén tocamos as sardiñas, os chipiróns, calamares, rapantes, ameixas, berberechos,...







Pero todos estaban dacordo en que lles gustaba comer pescado e eiquí vos deixo a evidencia por se o precisades nalgún momento á hora de comer:



MÁIS FOTOS no álbum de novembro.


mércores, 12 de novembro de 2025

ESCOITADE ATENTOS E DESEÑAMMO UN BARCO XUNTOS!

Despois do recreo fixemos unha actividade moi divertida pero na que tiñamos que prestar moita atención. A profe deunos un debuxo a medio facer, pouquiña cousa e nos ían dando indicación das cousas que debiamos debuxar para completar o debuxo. As indicacións eran como as seguintes:

DEBEMOS DEBUXAR UN BARCO...

1.- Que tenga unha vela moi grande

2.- Cunha cara sorrinte debuxada na vela.

3.- Cun neno e unha nena montados.

4.- Debuxa as olas do mar.

5.- Debuxa tres peixes nadando.

6.- Debuxa unha estrela de mar.

7.- Debuxa catro nubes no ceo.

8.- Debuxa o sol.

9.- Debuxa 2 ventás no barco.

10.- Debuxa unha bandeira no barco.




Había que prestar moita atención o que dicía a profe para facer o debuxo tal e como mandaban. Así que moi concetrados e calados para escoitar ben e non errar.

Mirade que artistas máis oceánicos!!!!











SAMAGOSTO

 Hoxe foi o dia que tanto estaban agardando!!! Día do Samagosto!!!

Eiquí vos deixo unhas fotiños e tamén o enlace do blog do cole donde poderedes ver máis. Pinchade NESTE ENLACE.

















XOGAMOS Ó BINGO COS NÚMEROS

Os números vólvenos tolos pero son TAN DIVERTIDOS!!! Hoxe imos xogar con eles gracias ó bingo! Sentámonos por parellas como quixemos, no sit...